Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto co alumnado, así como a presentar a materia no referido aos seus obxectivos, contidos, actividades que levarán a cabo e avaliación.
Lección maxistral Exporanse determinados temas relacionados cos xéneros textuais habituais dos distintos campos de especialidade
Estudo de casos Estes consistirán na comparación e comentario das distintintas tarefas de traducion feitas polos alumnos así como a posta en commún das principais dificultades de tradución atopadas e estratexias empregadas para resolvelas.
Traballo tutelado O alumnado elabora traducións de forma autónoma e na aula baixo as directrices e supervisión docente. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento coas actividades autónomas discentes.
Tamén se realizará a posta en común das traducións feitas polos alumnos e actividades de apoio ao desenvolvmento das estratexias de tradución.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado realizará de forma grupal un encargo de tradución no que se reproducen situacións reais da actividade profesional. Para iso aplicarán os coñecementos e destrezas adquiridos durante os traballos de aula. Este encargo será presentado na clase acompañado da xustificación das escollas e estratexias empregadas así como as fontes de documentación consultadas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000