Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Participación na discusión e aplicación dos coñecementos teóricos á práctica da interpretación bilateral. Apto necesario
0
C13
C21
D7
D8
D9
Obradoiro Intervencións nas linguas A e B en simulacros de encontros interpretados 40 C1
C2
C3
C4
C8
C13
C17
C20
D6
D7
D10
D11
D12
D13
D16
D17
Autoavaliación Reflexión persoal sobre o desenvolvemento das competencias da materia a partir da análise retrospectiva dunha interpretación
realizada na clase (vid. "Atención personalizada").
20 C1
C2
C3
C4
C17
C21
D6
D7
D8
D9
D16
Práctica de laboratorio Proba de interpretación bilateral realizada na última semana de clase.
Para cualificala empregarase unha matriz de valoración que avalía a interpretación en función de catro criterios (fluidez e seguridade, expresión e corrección, resolución de problemas e contido) cuxa ponderación se especifica na matriz. Á marxe da media final, é condición sine qua non para dar por superarada a proba obter un mínimo de aprobado na parte de contido.
40 C1
C2
C3
C4
C6
C8
C13
C17
C20
C21
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D13
D16
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder optar á avaliación continua —explicitada na sección "Avaliación" desta guía docente— cómpre realizar satisfactoriamente todas e cada unha das seguintes tarefas ou probas: participación na discusión e aplicación dos coñecementos teóricos á práctica da interpretación bilateral, intervencións nas linguas A e B como simulacros de encontros interpretados, exercicio de autoavaliación e realización dunha proba de interpretación; todas elas deberán realizarse segundo a secuenciación proposta na clase para o mellor aproveitamento do curso. Así mesmo, dado o deseño e carácter práctico da materia, baseados na aprendizaxe progresiva, recoméndase asistir ás clases, aínda que non é obrigatorio.

O alumnado que cumpra os requisitos para acollerse á avaliación continua terá dereito a unha segunda oportunidade de presentarse á proba de interpretación (na data oficial de realización do exame de avaliación única segundo o calendario da FFT), de tal forma que poderá optar por que a docente corrixa unha ou outra proba coma exame final. Con todo, só se recomenda que se presenten na data oficial de avaliación única no caso de que a súa prestación durante a proba final fose moi inferior á súa prestación habitual na clase.

Tanto a avaliación única (para aquel alumnado que renuncie á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nun exame de interpretación bilateral dun encontro entre falantes das linguas A e B e ambas terán lugar nas datas establecidas no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT.

No caso de suspenso na proba final, o alumnado de avaliación continua ten dereito a que se lle garden as demais cualificacións da materia e só repetir esta última proba na segunda convocatoria.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal