Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Inglés-Español
   Contidos
Tema Subtema
Introdución á interpretación de enlace:
competencias básicas.
1. Conseguir seguridade e confianza ao falar en público: superar o nerviosismo, eliminar xestos que interfiran na comunicación, utilizar a voz e a postura de maneira adecuada.
2. Ser capaz de expresarse correctamente e aplicar distintas estratexias na expresión oral en función da lingua: activar a lingua B e puír a lingua A.
3. Aumentar a mobilización de recursos lingüísticos nas linguas A e B.
4. Aumentar a capacidade de memoria a curto prazo: identificar os elementos que a desencadean, desenvolver a memoria visual e a memoria analítica.
5. Posta en valor da cultura xeral: asunción das
lagoas de coñecemento e fomento da curiosidade.
6. Ser conscientes do nivel necesario das linguas A e B: identificar posibles eivas e desenvolver estratexias para as superar.
Fundamentos da técnica de interpretación de enlace 1. Coñecer os principios da toma de notas.
2. Aumentar a capacidade de escoita e análise, concentrarse na escoita, ordenar a mensaxe.
3. Aumentar a rapidez de mobilización de recursos lingüísticos nas linguas A e B.
4. Desenvolver a capacidade de alternancia de lingua durante a interpretación.
5. Ter criterio para introducir a toma de notas durante a audición: aprender a seleccionar a información relevante.
6. Ser capaces de realizar interpretacións-resumo.
7. Consolidar a memoria a curto prazo.
8. Reflexionar sobre a deontoloxía e a repercusión das escollas lingüísticas (linguaxe inclusiva, primeira ou terceira persoa etc.).
Desenvolvemento da técnica e metacognición 1. Desenvolver a capacidade de anticipación.
2. Aplicar os principios fundamentais da toma de notas á interpretación de enlace.
3. Consolidar as capacidades de escoita e análise.
4. Desenvolver a capacidade de resolución de problemas: aceptar a imposibilidade de perfección da interpretación e do control sobre as intervencións orixinais.
5. Ser quen de reflexionar con criterio sobre as intervencións e interpretacións propias e do resto da clase.
6. Ser quen de detectar as eivas sobre o desempeño propio e de elaborar e aplicar un plan de traballo axeitado ás necesidades de aprendizaxe.
7. Ter claro o que se entende por unha boa interpretación e ser quen de avaliar interpretacións propias e alleas.
Fase avanzada: consolidación e perfeccionamento 1. Coñecer os debates actuais sobre a marxe de intervención da intérprete e o seu papel na mediación lingüística (visibilidade, implicación persoal etc.).
2. Ser quen de restituír información máis complexa: conceptos abstractos e nomes propios.
3. Ser quen de restituír números e unidades, saber adaptar a estratexia de toma de notas en función do tipo de intervencións.
4. Ser quen de interpretar intervencións cun maior grao de dificultade e especialidade: preparación terminolóxica, resolución de problemas.
5. Superar definitivamente os problemas específicos de cada estudante.
6. Dominio das decisións sobre a toma de notas, a análise e a restitución do discurso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000