Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución Idioma 2, II: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma a) Realización de actividades que reproducen as características do labor profesional. Estarán dirixidas á elaboración, por medio das TICS, de exercicios de auto aprendizaxe da materia e serán de carácter
acumulativo. Estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente, presencial ou non presencial, en datas que serán comunicadas ao
principio do curso polo profesorado responsable da avaliación.

b) Realización dun exame con dicionario baseado nos textos obxecto dos encargos
a) 30+30
+
b) 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dúas modalidades de avaliación. Na avaliación continua o/a estudante dispón da posibilidade de ir superando a materia por medio da avaliación de traballos e encargos realizados ao longo do período lectivo canda un exame global. No caso de non entregar nas datas indicadas os traballos de auto aprendizaxe e/ou encargos correspondentes, ou en caso de detectarse plaxio ou copia nalgún dos encargos, traballos ou probas o/a estudante perderá a oportunidade de realizar a avaliación continua.

Na segunda modalidade, de avaliación o/a estudante dispón da posibilidade de dar conta da materia por medio dunha única proba ou tarefa. Esta consistirá na realización dunha tarefa de tradución e/ou traballo de auto aprendizaxe para entregar na data establecida no calendario de exames da FFT canda un exame global que se desenvolverá de modo presencial na data indicada no calendario de exames da FFT. En caso de ser detectada e comprobada a existencia de copia ou plaxio nalgún dos encargos, traballos ou probas, o/a alumno/a perderá a oportunidade de examinarse na convocatoria correspondente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000