Guia docente 2022_23
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Alemán-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas de forma autónoma
Farase unha encarga de tradución dun texto de aprox. 600 palabras.
30 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE1
CE2
CE3
CE4
CE12
CE14
CE15
CE18
CE21
CE22
CE24
CE25
CE26
CE28
CE30
CE32
CE33
CT1
CT2
CT4
CT10
CT14
CT17
CT18
CT22
Aprendizaxe baseado en proxectos Farase un proxecto de tradución que o alumnado deberá resolver en equipos. 10 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE1
CE2
CE3
CE4
CE12
CE14
CE15
CE18
CE21
CE22
CE24
CE25
CE26
CE28
CE30
CE32
CE33
CT1
CT2
CT4
CT10
CT14
CT17
CT18
CT22
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá na tradución dun texto de aprox. 300 palabras, que poderá incluír preguntas de xustificación das decisións adoptadas, e mais no resumo en español dun texto en alemán. 60 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE1
CE2
CE3
CE4
CE12
CE14
CE15
CE18
CE21
CE22
CE24
CE25
CE26
CE28
CE30
CE32
CE33
CT1
CT2
CT4
CT10
CT14
CT17
CT18
CT22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Observacións xerais:

Corre por conta de cada estudante asegurarse de que posúe un nivel de
idiomas suficiente: as clases de tradución non son clases de lingua.

Para o alumnado que non queira ou non poida acollerse á avaliación
continua, o exame será de avaliación única.

Dúas ou máis faltas de ortografía (entre as que
se inclúen os acentos gráficos) e/ou dúas ou máis oracións carentes de sentido consideraranse erros moi graves e poderán
ser motivo de suspenso das probas de avaliación (encomendas, exames).

Penalizarase a copia e o plaxio.

Os envíos (traducións, prácticas etc.) e as entregas, sexa en formato papel, por correo electrónico o a
través de plataforma de docencia online, deben identificados nominalmente e sempre da mesma
forma (apelidos, nome): aqueles que non o estean non se aceptarán nin se terán en conta.

A revisión dos exames realizarase, salvo impedimento de forza maior, que
haberá de acreditarse documentalmente, única e exclusivamente na data sinalada. Non se atenderán, salvo en casos
excepcionais e xustificados, requirimentos de
revisións por medio de correo electrónico ou análogos.

Considérase que a guía docente da materia ten un carácter orientativo,
pois a heteroxenidade dos cursos e, dentro destes, a variedade en coñecementos, habilidades e
destrezas aconsella flexibilidade co fin de alcanzar da mellor maneira posible os obxectivos. Así pois, en función das
circunstancias, o programa da materia pode sufrir ou experimentar cambios en
calquera momento que se
comunicarán oportunamente.

 

Avaliación continua:

Nas tres primeiras semanas de docencia, cada estudante
deberá comunicar á docente
por medio dunha enquisa en Moovi creada para este efecto se opta polo sistema de
avaliación única ou
continua. Caso de non comunicar, entenderase que opta pola avaliación única. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o estudante non
puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. Para superar a materia é obrigatorio aprobar cada unha
das tres probas/metodoloxías. Do mesmo xeito, na proba de exame, cumprirá aprobar os dous exercicios (tradución e resumo) para aprobar
o exame.

A/o estudante que non supere a materia en avaliación continua na primeira
convocatoria acudirá ás convocatorias seguintes en avaliación única e deberá superar un exame (véxase
máis abaixo «Avaliación única») con todos os contidos da materia.

Para unha axeitada avaliación e aproveitamento, recoméndase unha
asistencia asidua e participativa ás aulas.

 

Avaliación única:

O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia
nas datas
establecidas pola FFT.

O exame de avaliación única constará nun exercicio de tradución do alemán cara ao
español dun texto de
aprox. 300 palabras que, ademais, poderá incluír preguntas de xustificación das decisións adoptadas, e mais no resumo en español dun texto en alemán. Cómpre aprobar os dous
exercicios para aprobar o exame.

Caso de suspender unha parte, a/o estudante examinarase na segunda
convocatoria e seguintes de novo de todos os contidos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000