Guia docente 2022_23
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Lección maxistral A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia. Poderase avaliar o alumnado, ben mediante un exame final que se entregará coa encomenda final (para alumnado non asistente), ben mediante a encomenda de resumos ou crítica de artigos que se anunciarán ao principio e/ou final de cada actividade docente ou exercicio para resolver problemas de tradución (para alumnado asistente). 10 CB3
CE4
CE13
CE22
CT6
CT8
Resolución de problemas
O segundo exame será unha encomenda que o alumnado deberá traducir de maneira autónoma na aula e en tempo controlado (Ver data oficial na páxina web da FFT) (35%)

NOTA 1:
Poderase usar documentación en papel e telemática.
NOTA 2:
Para o alumnado NON ASISTENTE véxase o apartado. OUTROS COMENTARIOS SOBRE A AVALIACIÓN.
35 CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE13
CE22
CT22
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado avaliaranse as traducións previamente preparadas fóra da aula e os exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado.
Estes traballos consistirán en traducións previamente preparadas que se corrixirán na aula.
Para efectos de avaliación terase en conta a participación activa na aula e será obrigatoria a entrega de TODAS as traducións revisadas con control de cambios.
Entregaranse revisadas en
formato papel e na plataforma debidamente identificadas para a
súa corrección e avaliación definitiva: APELIDOS+NOME+NOME DO
DOCUMENTO
35 CB1
CE4
CE13
CT12
Exame oral Para avaliar a lectura da obra obrigatoria, realizarase unha PROBA ORAL
na aula ao final das clases do 1º cuadrimestre.
10 CB2
CB3
CE3
CE4
CE13
CT6
CT22
Práctica de laboratorio O alumnado recibirá unha encomenda para traducir de maneira autónoma na aula e en tempo controlado o penúltimo día do 1º cuadrimestre. Esa tradución ou 1º exame (10%) entregarase e revisarase na aula o último día como preparación para o 2º exame (VER data oficial web FFT) que se realizará na aula. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O plaxio ou uso de tradutor automático serán motivo de suspenso. Non se admiten máis de 2 falsos sentidos. Non se admiten máis de 2 faltas graves de gramática ou ortografía.

Será necesario aprobar cada unha das subpartes descritas no apartado de AVALIACIÓN (mínimo 5/10) para realizar media de conxunto.

O alumnado deberá entregar os exercicios e traducións na plataforma nos prazos marcados pola profesora.  O alumnado que non respecte os prazos será avaliado (en avaliación única) mediante as probas que se describen máis abaixo.

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á segunda edición de actas (xullo-data oficial publicada na web da FFT). 

Especifícanse a continuación as condicións:

A. 1ª EDICIÓN DE ACTAS (AVALIACIÓN ÚNICA)

1. Proba oral sobre as lecturas e artigos do curso ( 25% da nota) que se fixará o día da proba na aula con tempo limitado.  Ver data oficial publicada na web da FFT

2. Encomenda-Tradución comentada na aula con tempo limitado (2 h): 50% (tradución)+ 25% (comentario). Poderase usar documentación en papel e telemática. Ver data oficial publicada na web da FFT

B. 2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

1. Proba oral sobre as lecturas e artigos do curso (25% da nota) que se fixará o día da proba con tempo limitado na aula. Ver data oficial publicada na web da FFT

2. Unha tradución comentada na aula con tempo limitado (2 h): 50% (tradución)+ 25% (comentario). Poderase usar documentación en papel e telemática. Ver data oficial publicada na web da FFT

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000