Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral O alumnado terá que realizar lecturas para preparar os comentarios que xustifiquen as propostas de tradución e revisión e a resolución de problemas.

Estas lecturas avaliaranse nas distintas probas que se describen nos seguintes subapartados.

A avaliación das sesións maxistrais permitirá coñecer a competencia acadada polo alumnado no referente aos conceptos teóricos da materia.


0 A3
C4
C13
C22
D6
D8
Traballo tutelado Para contribuír a enriquecer a formación teórico metodolóxica, o alumnado deberá indagar sobre un tema determinado relacionado coa tradución ou/e a tradutoloxía e expoñer os resultados diante do resto dos/das compañeiros/as.
15 A3
A4
C3
D4
D6
Resolución de problemas e/ou exercicios Neste apartado avaliaranse as traducións previamente preparadas fóra da aula e os exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución... Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado.
Estes traballos consistirán en traducións previamente preparadas que se corrixirán na aula.
Para efectos de avaliación terase en conta a participación activa na aula e será obrigatoria a entrega de TODAS as traducións revisadas con control de cambios.
Entregaranse revisadas en
formato papel e na plataforma debidamente identificadas para a
súa corrección e avaliación definitiva: APELIDOS+NOME+NOME DO
DOCUMENTO
30 A1
A2
A3
A4
C4
C13
D12
Exame oral Para avaliar a lectura da obra obrigatoria, realizarase unha PROBA ORAL
na aula ao final das clases do 1º cuadrimestre ou coa proba EXAME2 (data oficial web FFT).
Teranse en conta as competencias de comprensión e de expresión (fonética e comunicación)
10 A2
A3
C3
C4
C13
D6
D22
Práctica de laboratorio EXAME1. O alumnado recibirá unha encomenda para traducir de maneira autónoma na aula e en tempo controlado o penúltimo día do 1º cuadrimestre.
Esa tradución ou 1º exame (10%) entregarase e revisarase na aula o último día como preparación para o 2º exame (VER data oficial web FFT) que se realizará na aula.

EXAME2
O segundo exame será unha encomenda que o alumnado deberá traducir de maneira autónoma na aula e en tempo controlado (Ver data oficial na páxina web da FFT) cun comentario dalgún problema de traducion concreto (30%+5%)

NOTA 1:
Poderase usar documentación en papel e telemática.
NOTA 2:
Para o alumnado NON ASISTENTE véxase o apartado. OUTROS COMENTARIOS SOBRE A AVALIACIÓN.
45 A1
A2
A3
A4
C3
C4
C22
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O plaxio ou uso de tradutor automático serán motivo de suspenso. Non se admiten máis de 2 falsos sentidos. Non se admiten máis de 2 faltas graves de gramática ou ortografía.

Será necesario aprobar cada unha das subpartes descritas no apartado de AVALIACIÓN (mínimo 5/10) para realizar media de conxunto.

O alumnado deberá entregar os exercicios e traducións na plataforma nos prazos marcados polas profesoras.  O alumnado que non respecte os prazos será avaliado (en avaliación única) mediante as probas que se describen máis abaixo.

O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á segunda edición de actas (xullo-data oficial publicada na web da FFT). 

Especifícanse a continuación as condicións:

A. 1ª EDICIÓN DE ACTAS (AVALIACIÓN ÚNICA)

1. Proba oral sobre as lecturas e artigos do curso ( 25% da nota) que se fixará o día da proba na aula con tempo limitado.  Ver data oficial publicada na web da FFT

2. Encomenda-Tradución comentada na aula con tempo limitado (2 h): 50% (tradución)+ 25% (comentario). Poderase usar documentación en papel e telemática. Ver data oficial publicada na web da FFT

B. 2ª EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

1. Proba oral sobre as lecturas e artigos do curso (25% da nota) que se fixará o día da proba con tempo limitado na aula. Ver data oficial publicada na web da FFT

2. Unha tradución comentada na aula con tempo limitado (2 h): 50% (tradución)+ 25% (comentario). Poderase usar documentación en papel e telemática. Ver data oficial publicada na web da FFT

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000