Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, II: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos A avaliación realizarase por medio de traballos de aula e encargos de tradución que se distribuirán ao longo do cuadrimestre.

A distribución é a que segue:

1. Entrega en prazo dos encargos de tradución e participación nas revisións de clase (20%)

2. Un ou varios encargos e/ou probas de tradución. Poderá esixirse que polo menos algún deles se leve a cabo durante horas de aula e con acceso limitado a recursos dispoñibles na internet (80%)
100 A1
C1
C2
C3
C4
C8
C14
C17
C18
C22
C27
D5
D7
D8
D9
D14
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A presente disciplina pode cursarse, na primeira convocatoria anual, en réxime de avaliación continua (en que se avaliará fundamentalmente a adquisición de competencia tradutiva e a participación regular e activa nas aulas) ou de avaliación única (exame oficial). No entanto, na convocatoria de xullo só é posible o réxime de avaliación única (exame oficial).

Na primeira convocatoria anual enténdese que a/o estudante opta polo réxime de avaliación continua cando realiza algunha das actividades da avaliación continua. Para superar a avaliación continua, a/o estudante deberá obter o aprobado na media aritmética ponderada das cualificacións nas diferentes probas (ningunha das cualificacións parciais poderá en principio ser inferior a 4 sobre 10). As/os estudantes que non superen a avaliación continua mediante as actividades referidas deberán realizar o exame oficial da convocatoria de xullo.

O exame oficial da disciplina (convocatorias de decembro [data, hora e lugar establecidos polo Decanato] e xullo [data, hora e lugar establecidos polo Decanato]) consta dunha parte práctica (100%) consistente nunha ou dúas traducións sobre temas tratados na clase.

A copia ou plaxio nos traballos de tradución, nas encargas de tradución e/ou no exame terá como consecuencia unha cualificación global negativa. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades relativas á materia a través da plataforma MOOVI, así como estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do galego nin do inglés. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel do seu idioma 1. Para poder cursar a materia recoméndase como mínimo un nivel B2 de galego.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000