Educational guide 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Cultura e civilización para a tradución e a interpretación (conceptualizacións básicas): Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias A primeira sesión do curso dedicarase a explicar e comentar os contidos, a metodoloxía e a avaliación e a resolver dúbidas sobre a guía para o estudantado que estará publicada en MooVi.
Aprendizaxe baseado en proxectos O proxecto de investigación, que se levará a cabo en grupo, incluirá tarefas de diferentes tipos que lle permitan ao alumnado fomentar o espíritu crítico, desenvolver adecuadamente o traballo en equipo e a súa propia aprendizaxe, e acadar os coñecementos e as competencias previstos.
Flipped Learning Para estas sesións o alumnado preparará, antes das clases presenciais, unha serie de contidos teóricos correspondentes ao primeira tema dos contidos. Sobre estes contidos traballarase a través de actividades guiadas pola profesora.
Lección maxistral Nestas sesións introduciranse os puntos teóricos que relacionan cultura e tradución e os aspectos culturais descritos nos contidos. As sesións maxistrais servirán para proporcionar un fío condutor para o proxecto en grupo.
Resolución de problemas de forma autónoma De xeito individual, en grupos ou en parellas os alumnos terán que realizar as diversas tarefas que se especificarán ao longo do curso para implementar os coñecementos teóricos e demostrar as súas competencias.
Seminario As titorías en grupos permitirán a orientación, comentario e revisión das tarefas encomendadas.
Presentación O estudantado comunicará os resultados da súa investigación mediante exposicións orais programadas que se irán desenvolvendo ao longo do curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000