Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Resolución, de modo autónomo, de encargos e/ou probas que reproduzan as características da práctica profesional e que estarán distribuídos ao longo do período de docencia. 100 A2
A4
A5
C2
C3
C10
C18
C24
C30
D1
D4
D7
D15
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A Xosé Manuel Dasilva Fernández (8 horas) correspóndelle
cualificar sobre 1,67 puntos. A Jacobo Currais Arcay (40 horas) correspóndelle
cualificar sobre 8,33 puntos.

Estes son os comentarios de avaliación relativos a Xosé
Manuel Dasilva Fernández:

O estudantado que escolla o sistema de
avaliación continua realizará un traballo de tradución, cuxo valor máximo será 1,67
puntos, a partir dun conxunto de textos proposto polo docente. Alén diso,
existe un sistema de avaliación única, destinado ao estudantado que non se
acolla ao sistema de avaliación continua para a convocatoria da primeira
edición de actas e a todo o estudantado para a convocatoria da segunda edición
de actas, consistente nun exame con exercicios de tradución relativos aos
contidos do programa, con posibilidade de utilizar exclusivamente materiais
lexicográficos en formato papel. As datas do devandito exame da convocatoria da
primeira edición de actas e da convocatoria da segunda edición de actas serán
fixadas no calendario de exames aprobado en Xunta da FFT.

Expóñense os criterios de avaliación referentes a Jacobo Currais Arcay:

A avaliación continua
correspondente ao segmento da materia impartido por este docente realizarase a
partir dun ou varios encargos e/ou probas de tradución que reproduzan as
caracteristicas da práctica profesional e que consistan en textos de xéneros
textuais traballados na aula. Poderá esixirse que algún dos mencionados
encargos e/ou probas de tradución se leve a cabo durante horas de aula e con
acceso limitado a recursos dispoñibles na Internet. A nota final correspondente
a este tramo da docencia será a media aritmética das puntacións obtidas nos
encargos e/ou probas de tradución realizados e terá un valor máximo de 8,33
puntos no conxunto da cualificación da materia. Na modalidade de avaliación única,
o exame, que se celebrará nas datas estabelecidas no calendario oficial,
consistirá na súa parte correspondente á docencia de Jacobo Currais Arcay nunha
tradución dun texto pertencente a algún dos xéneros textuais traballados
durante o curso. 

A copia ou plaxio nos traballos de tradución, nas encargas de tradución e/ou no exame terá como consecuencia unha cualificación global negativa. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. 

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades relativas á materia a través da plataforma MOOVI, así como estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. 

Esta materia non está dirixida á aprendizaxe do español nin do portugués. Considérase que o alumnado xa posúe un bo nivel do seu idioma 2. Para poder cursar a materia recoméndase como mínimo un nivel B2 de español.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal