Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Alemán-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliarase a preparación, o contido e o resumo.
O traballo deberá ser exposto na aula antes do 30 de abril.
O alumnado entregará unha sinopse do traballo (data límite: 20 de maio).

É obrigatorio acordar o tema do traballo coa profesora antes do 25 de febreiro.
10 A1
A2
A3
A4
C2
C3
C4
C14
C17
C22
D4
D7
D8
D9
D12
D14
D17
Prácticas con apoio das TIC Avaliaranse conxuntamente co apartado "Resolución dos problemas". 0 A1
A3
D3
D4
D7
D8
Presentación cf. "Traballos tutelados"
Avaliarase a preparación, presentación e o contido.
A presentación realizarase antes do 15 de abril.
10 A2
A3
A4
C2
C3
D3
D9
D14
Resolución de problemas Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios realizados dentro e fóra da aula. Para poder acollerse á avaliacion continua cómpre realizar entregas de polo menos 3 exercicios e 4 traducións. As entregas (via moovi) faranse antes da respectiva corrección en clase. 10 A1
A2
A3
A4
A5
C3
C4
C14
D3
D4
D7
D8
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá na tradución dun texto de aprox. 200-250 palabras que abordará algún dos temas estudados ao longo do semestre. Poderá incluír un comentario. A tradución realizarase con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet. 40 A1
A2
A3
C2
C3
C4
C14
C17
C22
D3
D4
D7
Práctica de laboratorio Consistirá nunha proba de tradución dun texto de aprox. 200 palabras que abordará algún dos temas estudados ao longo das sesions 1ª-12ª. Esta práctica realizarase con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet. 30 A1
A2
A3
C2
C3
C4
C14
C17
C22
D4
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Lectura obrigatoria (avaliación continua) dun libro de autoría xermanófona de libre elección e acordado coa profesora.

Lectura obrigatoria (avaliación única):
Fallada, Hans. 1932. Kleiner Mann - was nun? Leipzig: Rowohlt Verlag  (galego, 2020. E agora que, homiño?, trad. de Patricia Buxán Outeiro. Santiago de Compostela: Irmás Cartoné).

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais
dispoñibles na plataforma moovi (novidades, documentos, avisos etc.) e
estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes
probas.

Avaliación continua:

Para unha axeitada avaliación recoméndase unha asistencia asídua e participativa ás aulas. É obrigatorio cumprir coas esixencias do traballo tutelado. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia.

Data da proba "práctica de laboratorio":  sesión 13 da materia.

Data de entrega dos traballos tutelados: 20 de maio.

Data do exame: O exame da avaliación continua terá lugar na última sesión da materia.

Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.

Avaliación única:

O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ó exame oficial da materia que terá lugar na data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT.

O exame constará dun exercicio de
tradución de entre 200 e 250 palabras (80% da nota do exame), así como varias
preguntas sobre os contidos da materia (20% da nota do exame).  A tradución realizarase con todo tipo de obras
de consulta, sen ordenador e acceso a internet.

Penalizarase a copia e o plaxio.



Convocatoria de xullo:

A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os
contidos da materia.

O exame constará dun exercicio de
tradución de entre 200 e 250 palabras (80% da nota do exame), así como varias
preguntas sobre os contidos da materia (20% da nota do exame).  A tradución realizarase con todo tipo de obras
de consulta, sen ordenador e acceso a internet.

Penalizarase a copia e o plaxio

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000