Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Realizaranse e entregaranse encomendas de tradución características do tipo de dificultades que se traballan na aula (individuais ou grupais).

Traballos de clase

Exposición de lecturas

Exame práctico final
100 A1
A2
A3
C1
C2
C3
C4
C8
C17
D2
D4
D7
D15
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Av. contínua
Encargas (40 %) poden ser individuais ou grupais.
Traballo de clase (20%) Exposición de lecturas (10 %)
Exame final práctico (30 %)
O alumnado que se acolle á avaliación continua na primeira edición de actas conserva a nota das probas superadas na segunda edición.

 
Av. única
Exame final práctico (40 %)
Encarga (para entregar unha semana despois da data do exame) (40 %)
Exame sobre lecturas (20 %)

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Corrección lingüística

Os erros de lingua que sobrepasen a proporción de tolerancia fixada polo docente durante o curso provocarán o suspenso de calquera traballo ou exame.

Teledocencia

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.

IMPORTANTE:

A bibliografía recomendada, así como as lecturas obrigatorias estarán en Moovi a disposición do alumnado presencial e non presencial.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000