Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias A docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar así como o sistema de avaliación.
Lección maxistral As sesións maxistrais destinaranse a presentar o marco profesional da tradución dende o francés cara ó galego e a relembrar o proceso da tradución. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativo e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico.
Resolución de problemas Neste apartado realizaranse exercicios de tradución do nivel do alumnado de Idioma II e traballarase na resolución de dificultades propias dese nivel. Tamén se proporán exercicios aplicados á teoría achegada durante as sesións maxistrais.
Obradoiro Os obradoiros son a principal ferramenta diagnóstica. Neles proporanse traducións dirixidas, co fin de tentar a competencia tradutora do alumnado. Ó mesmo tempo, as traducións dirixidas permitirán familiarizarse co método de traballo e de avaliación docente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000