Educational guide 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Inglés-Español
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Manteranse as metodoloxías, contidos e titorías coa salvedade de que se realizarán coas ferramentas proporcionadas pola Universidade de Vigo (aulas e despachos virtuais, correo electrónico e Faitic).

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
No caso da avaliación continúa, sustituiranse as probas teórica (30%) e práctica (30%) por unha única proba teórico-práctica (proposta de tradución dun texto con preguntas sobre él nas que, nas súas respostas, se apliquen os contidos teóricos impartidos na materia).
No caso da avaliación única, manteranse todas as probas de avaliación coa salvedade de que se realizarán coas ferramentas proporcionadas pola Universidade de Vigo (aulas e despachos virtuais, correo electrónico e Faitic).

Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000