Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, IV: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Exercicios en clase ou na plataforma Moovi nos que atopar solucións adecuadas ós problemas presentados pola reformulación do texto-fonte para a súa axeitada forma final no texto-meta (resumo, argumentación ou síntese). 10 C4
C24
C27
D2
Resolución de problemas de forma autónoma Resolución autónoma de un exercicio de produción/reformulación escrita (resumo, argumentación ou síntese). 10 A3
C2
C12
C25
D10
D17
Presentación Presentación oral, en grupo de dous alumnos.as ou individualmente, dun traballo de investigación sobre un tema de civilización francesa ou francófona. 10 C4
C24
D2
D8
D12
D17
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final na que o estudiante terá que producir un resumo de un texto, un texto argumentativo ou unha síntese a partir de varios textos. 30 C4
C25
Práctica de laboratorio Exame final no que o estudante ten que realizar una proba de comprensión oral. 30 A5
C24
C30
Exame de preguntas obxectivas Test de coñecementos sobre a gramática e/ou o léxico estudados nas clases. 10 A5
C4
C24
C30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A
avaliación recomendable é a contínua
. El alumnado comunicáralle ao profesor a modalidade elixida nos primeiros quince días do curso.

Para ser avaliado será necesario ter entregado
os traballos na data requirida. As probas non entregadas contarán coma un cero.
Os alumnos terán que aprobar tódalas destrezas.

Primeira edición das
actas: Nesta
primeira edición das actas haberá unha avaliación única para o alumno que ó
comezo do curso xustifique debidamente, en tempo e forma (nas dúas primeiras
semanas do inicio do curso), que non pode realizar a avaliación continua.
Nese caso fará unha proba única teórico-práctica; esa nota contabilizará 50%
para a parte práctica e 50% para a parte teórica. Para a parte teórica haberá
un exame de preguntas obxectivas e para a parte práctica haberá unha exame de
desenvolvemento na parte escrita; comprensión e expresión na parte oral. Cada
parte (teórica e práctica) terá que acadar unha nota mínima de 5. Estes exames,
o da avaliación contínua e o da avaliación única, terán lugar na data
establecida no calendario de exames aprobado en xunta da FFT.

Segunda edición das actas:
Os alumnos de avaluación continua e de avaliación única que non superen a materia
na primeira edición das actas farán en xullo unha proba final que contará coma
un 100% da nota; esa nota contabilizará 50% para a parte teórica e 50% para a
parte práctica. Para a parte teórica haberá un exame de preguntas obxectivas e
para a parte práctica haberá un exame de desenvolvemento na parte escrita;
comprensión e expresión na parte oral. Cada parte (teórica e práctica) terá que
acadar unha nota mínima de 5. A data do exame de xullo será a indicada no
calendario oficial de exames da FFT.

NOTA: A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000