Recoméndase unha aplicación constante e seria no estudo da materia. Pártese do nivel do exame Cambridge Advanced English. O alumnado que non posúa este nivel de partida terá que procurar formación en inglés pola súa conta (EOI, Centro de Linguas, materiais bibliográficos, recursos online etc.)
Recoméndase o uso dos recursos da biblioteca que para superar esta materia son dunha gran utilidade.
Durante as clases o alumnado non poderá utilizar dispositivos móviles (teléfono, tableta, PDA ou similares) nin ordenadores, a non ser que a profesora permita ou requira a utilización destes dispositivos con algunha finalidade pedagóxica.
Tamén cómpre esixir ao alumnado que deben respectar os dereitos de copyright. Ningunha parte dos libros de texto e de lectura poden ser reproducidos, alterados, editados ou usados por calquera forma ou medio, electrónico ou mecánico.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000