Guia docente 2025_26
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma 2, III: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Participación activa no curso con exposición na aula dos resultados dos exercicios ou entrega de tarefas a través da plataforma Moovi. 10 C1
C2
C4
C18
C22
C24
C25
C27
D2
D4
D9
D10
D15
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame ou exames escritos que incluirán actividades de produción escrita. 15 C1
C2
C4
C18
C22
C24
C25
C27
D2
D4
D9
D10
D15
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame ou exames que incluirán actividades de comprensión lectora dun texto en alemán e que poderán ser: a) preguntas sobre o texto ás que se deberá responder en alemán; ou b) resumo do texto en galego ou castelán. 20 C1
C2
C4
C18
C22
C24
C25
C27
D2
D4
D9
D10
D15
D17
Exame oral Exame que consistirá en actividades de comprensión e produción oral. 15 C2
C18
D4
Exame de preguntas obxectivas Exame ou exames escritos en que se avaliarán os coñecementos gramaticais e léxico-fraseolóxicos. 40 C1
C2
C4
C18
C22
C24
C25
C27
D2
D4
D9
D10
D15
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Avaliación continua

A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba. Segundo a evolución do alumnado, as docentes poderán propoñer a elaboración de probas parciais para cada un dos ítems de avaliación mediante exame: gramática, comprensión lectora, competencia escrita e comprensión/produción oral.

Avaliación única
O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla a avaliación única deberá realizar e superar un único exame escrito final sobre os contidos da materia, que se realizará na data oficial fixada no calendario aprobado pola Xunta da FFT, e mais outro oral noutra data concertada co profesorado para superala: a nota final resultará da nota media ponderada obtida en ambas as probas a razón de 85 % e 15 %, respectivamente. O exame escrito incluirá como mínimo unha actividade sobre algunha das lecturas obrigatorias.


SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da calificación, que se realizará na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT. 

ADVERTENCIA:  En calquera das convocatorias de exames, o profesorado pode esixir a realización dunha proba oral ou escrita complementaria a aquel alumnado, xa sexa de evaluación continua ou de única, que, segundo o seu criterio razoado, non demostre suficiente competencia na materia, ou ben por calquera outra causa, incluída a sospeita de fraude, e precise confirmar mellor o seu nivel na materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000