Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 1, III: Inglés
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Idioma moderno: Idioma 1, IV: Inglés/V01G230V01403


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Idioma moderno: Idioma 1, I: Inglés/V01G230V01103
Idioma moderno: Idioma 1, II: Inglés/V01G230V01203
 
Outros comentarios
É obrigatorio para todo o alumnado subir unha foto á plataforma de teledocencia durante a primeira semana de clase. A foto debe ser tipo carné ou suficientemente clara para apreciar a cara da/o estudante. Non se publicarán as notas de avaliación do estudantado que non proporcione foto. Recoméndase unha aplicación constante e seria no estudo da materia. O alumnado que non posúa o nivel de partida (mínimo C1) terá que procurar formación en inglés pola súa conta. O traballo diario e autónomo do alumnado resulta imprescindible para seguir e superar a materia. Debe terse en conta que as horas de clase na aula non son máis que parte das horas totais de traballo necesarias para superar a materia; en ningún caso representan a totalidade de horas que o alumnado deberá dedicarlle a esta materia. Neste sentido, é altamente recomendable que o material manexado polo estudantado non se limite ao visto nas sesións presenciais. Recoméndase dedicarlle tempo á lectura de xornais, libros e revistas en lingua inglesa, ao visionado de vídeos, películas, series en lingua inglesa, etc. Cómpre recordar ao alumnado que deben respectar os dereitos de copyright tanto dos libros utilizados como apoio á docencia coma dos materiais orixinais elaborados e facilitados polas docentes na aula ou a través da plataforma de apoio á docencia. Durante as clases o alumnado non poderá utilizar dispositivos móbiles (teléfono, tableta, PDA ou similares) nin ordenadores, a non ser que o profesorado permita ou requira a utilización destes dispositivos con algunha finalidade pedagóxica. Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, apuntamentos e dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tabletas, ordenadores, etc.). É responsabilidade do alumnado dispoñer dos medios telemáticos precisos para levar un bo seguimento da materia e das posibles probas de avaliación. En caso de ter algún problema de tipo técnico que dificulte o acceso á docencia virtual, o alumnado debe poñelo canto antes en coñecemento dos servizos técnicos da universidade (SAUM), onde poderá recibir asesoramento. Os criterios aquí descritos tamén se aplicarán ao alumnado alleo (Erasmus, etc.). En caso de non poder acceder á plataforma de teledocencia, o alumnado alleo deberá contactar co profesorado da materia canto antes. De haber alumnado pertencente ao Programa Sénior na materia, o seu proceso de avaliación poderá ser diferente do aplicado ao resto do alumnado e será acordado co profesorado da materia con suficiente antelación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000