Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e fontes de información. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos ilustrativos que aseguren a adecuada comprensión.
Traballo tutelado
Actividade práctica. Os traballos tutelados estarán dirixidos a través das titorías concertadas cos discentes. Nestes traballos trátase de pór a proba a competencia en lingua escrita do alumnado e a súa capacidade para xestionar grandes traballos e proxectos.
Presentación
Actividade práctica. Presentación oral individual dun tema que se traballará previamente na aula e de forma autónoma.