Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, II: Alemán
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades organizativas: explicación pormenorizada do programa da materia e do desenvolvemento da mesma dentro e fora da aula, o que implica a descrición das características do curso, contidos, metodoloxía, formas de avaliar e resolución de dúbidas, así como a presentación das diferentes ferramentas de traballo necesarias para a súa aprendizaxe: manual, dicionarios, libro de lectura obrigatoria e outros libros complementarios.
Lección maxistral Clases maxistrais: exposición teórica de temas gramaticais, léxicos e culturais.
Actividades complementarias: Presentación doutras ferramentas online para a aprendizaxe autónoma dunha lingua estranxeira.
Estudo previo Orientarase, explicará e ensinará aos alumnos como usar as ferramentas fundamentais para levar a cabo actividades traductolóxicas, dentro do contexto do idioma xeral.
Tamén se lle ensinasen as pautas para realizar un traballo de investigación.
Resolución de problemas Exercicios de repaso e de control: sesións de prácticas gramaticais e léxicas, así como de comprensión e expresión oral e escrita con exercicios adecuados aos temas expostos.
Prácticas de tradución con o sin axuda do dicionario, así como a súa corrección e o comentario das dificultades léxicas, traductolóxicas e gramaticais resultantes coa finalidade da aprendizaxe da lingua.
Resolución de problemas de forma autónoma O alumno realizará exercicios de tipo práctico sobre cuestións gramaticais e léxicas, así como traducións de frases con o sin axuda do dicionario para a aprendizaxe xeral da lingua.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000