Guia docente 2022_23
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, II: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado Presentación dos traballos 20 CB2
CB4
CE10
CE18
CT2
CT4
CT6
CT12
CT15
CT17
CT23
Prácticas con apoio das TIC Probas de comprensión 10
Práctica de laboratorio Probas de coñecemento e práctica da lingua francesa 10 CB3
CB5
CE18
CT10
CT22
CT23
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba de coñecemento da teoría e aplicación da mesma e exercicios de tipo gramatical 60 CB1
CB4
CB5
CE4
CE18
CE30
CT4
CT6
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación é continua; para ser avaliado na materia será
necesario ter entregados os traballos na data requirida,un traballo
a mediados de cada mes. Tamén se terá en conta a participación
activa no curso. Solo computarán para facer a media as probas e traballos cun mínimo dun valor de 4/10. No caso contrario, o alumno deberá ir a
avaliación final. En caso de plaxio, a nota final é de suspenso.

Haberá
unha proba final para os alumnos de avaliación continua
na última semana de docencia, será publicada en Moovi; será  de contido

práctico e teórico (60%). Para superar a materia farase a media e
para isto  é necesario ter un mínimo dun 4 en cada unha das
partes.

Terase en conta para a avaliación: a lectura do libro como
destreza de comprensión lectora, expresión oral, argumentación expresión
escrita, e a gramática vista ao longo do curso.

Para os alumnos non acollidos a esta
modalidade : a nota da proba  será un 100%. 

O exame para  o alumnado de avaliación
única será a data establecida no calendario de exames da FFT



Os alumnos que non superen a avaliación continua e os que non se presentaron á
proba final de xuño  farán en xullo unha proba final que contará como
un 100% da nota (30/70 parte práctica e teórica) na data establecida no
calendario de exames da FFT.



A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do  que supón  un plaxio non eximirá ao alumnado da
súa responsabilidade neste aspecto.



A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido
das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal