Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A2, I: Expresión escrita e oral: Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias As primeiras sesións están dirixidas a coñecer o grao de coñecemento que ten o alumnado, cales son os seus intereses e expectativas, que obxectivos pretenden alcanzar, etc. Para iso realízanse algúns exercicios que teñen como obxecto reflectir o coñecemento da lingua e espertar o seu interese.
Lección maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos xerais da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e metodoloxías de análises. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos claros que aseguren a comprensión dos contidos. Ocasionalmente poderán estar apoiadas por presentacións.
Resolución de problemas de forma autónoma Formularanse na aula unha serie de problemas e exercicios relacionados coa materia traballada nas clases. O obxectivo é reflexionar e relacionar teoría e práctica. Tamén constitúe unha actividade básica para reforzar os coñecementos que se van adquirindo.
Presentación Actividade práctica. A profesora da materia dará unhas indicacións xerais sobre a forma idónea de realizar unha presentación oral. A partir destas explicacións esta liña metodolóxica irá orientada ao estudantado. O obxectivo final é que o estudantado realice unha presentación de forma individual, na que quede reflectida a metodoloxía apresa en clase.
Traballo tutelado Actividade práctica orientada na aula pola docente. Trátase de traballos de curta extensión, tutelados pola profesora, encamiñados a expor reflexións sobre o apreso en clase e a saber expresalo con corrección.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal