Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Lingua: Lingua A2, I: Expresión escrita e oral: Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Valorarase a preparación dun traballo tutelado individual, sobre un tema proposto ó inicio do curso, no que se atenderá especialmente, amais dos contidos, á corrección do texto. 25 A2
A3
A4
A5
C3
C4
C17
C18
C27
C33
D7
D8
D9
D15
D23
Presentación Presentación oral na aula do traballo tutelado. 25 A2
A3
A4
A5
Debate Durante o curso o profesorado especificará cales das diferentes actividades prácticas serán avaliables. Terase moi en conta a actitude e participación do alumnado nas aulas e a entrega do material que se demande. 10
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse dúas probas durante o cuadrimestre: unha sobre a normativa ortográfica e morfolóxica e outra sobre aspectos gramaticais e o texto, 40 A2
A3
A4
A5
C3
C4
C17
C18
C25
C33
D7
D8
D15
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

Para poder optar á avaliación continua, débense cumprir os seguintes requisitos: presentación ós exames, entrega do traballo obrigatorio e a súa presentación oral. Na segunda edición das actas conservarase a nota das probas superadas, se así o desexar o alumnado. Se non, pasará ó sistema de avaliación global.

O primeiro exame farase pola volta da segunda semana de marzo; o segundo ó final do período lectivo. Ambos os dous poderanse recuperar na data oficial de exame fixada pola Facultade. Para aprobar cada un deles precísase un 5. A superación do exame condiciona o aprobado da materia. O traballo tutelado e a súa presentación só suman nota, non condicionan o aprobado da materia. 

A nota final será a suma ponderada das puntuacións obtidas en cada elemento da avaliación, suma que deberá chegar ós 5 puntos. 

Avaliación global

O estudantado que non se acolla á avalición continua, é dicir, que escolla a avaliación global, realizará na data oficial de exame unha proba escrita por valor do 100% da materia. O mesmo sistema seguirase co estudantado que se presente á segunda edición das actas.

Calquera tipo de plaxio será penalizado co suspenso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000