Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, I: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Presentación de traballos individuais ou en grupos sobre temas gramaticais diversos a partir de textos de cultura lusófona. Estes traballos poderán ter unha frecuencia semanal. 30 A1
A2
A3
A4
C1
C8
C21
C32
D2
D4
D17
D22
D23
Práctica de laboratorio Exercicios orais de comprensión, expresión e fonética.
Haberá unha proba oral individual.
30 A3
A5
C1
C2
C10
C22
D12
D17
D22
D23
Exame de preguntas de desenvolvemento Unha proba escrita sobre os contidos teórico-prácticos e de civilización lusófona vistos durante o curso.
O alumnado de avaliación única debe tamén estar presentes no día do exame.
40 A1
A2
A3
C1
C2
C8
C21
C25
D4
D17
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller, de forma obrigatoria, nas primeiras duas semanas do cuadrimestre en cuestión, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en “Avaliación”) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro.

Avaliación continua

Dado que se trata do ensino dunha lingua estranxeira, é moi recomendábel asistir con regularidade ás aulas. Quen non teña posibilidade de asistir a un mínimo de 80% das aulas debe comunicalo ao profesorado. En todo caso, a non realización de probas ou exercicios parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en “Avaliación”) suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero) puntos nesta.

A data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida no calendario oficial da FFT.

Avaliación única

A avaliación única consiste dunha proba escrita seguida doutra proba oral que se realizarán no mesmo día en salas de aula contiguas. É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para superar a materia e, en caso de suspenso, haberá que recuperar ambas as probas na convocatoria de xullo.

A avaliación única valorarase da seguinte forma:

1. Proba escrita teórico-práctica: 75% da nota final.

2. Proba oral: 25% da nota final. Esta proba será gravada en formato audio e a participación nela suporá o consentimento da gravación.

É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia.

A non presentación a unha das probas sen xustificante suporá a obtención nela dunha cualificación de 0 (cero) puntos.

A copia ou o plaxio nos respectivos exames das avaliacións continua ou
única será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nestas. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade neste aspecto.


Segunda edición das actas (xullo)

Os mesmos criterios da avaliación única aplicaranse na segunda edición das actas (xullo).

No caso particular do alumnado de avaliación continua que non superase a materia na primeira
convocatoria e tiver que acudir á segunda edición das actas, este terá que
examinarse exclusivamente da parte ou partes que teñan suspensas (exame
oral e/ou escrito). O alumnado de avaliación única terá que examinarse de toda a materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000