Guia docente 2021_22
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Idioma moderno: Idioma 2, I: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas con apoio das TIC (Repetida, non usar) Os exercicios realizados fóra da aula a través da plataforma Moovi (autocorrixidos ou corrixidos en clase) permitirán avaliar a intensidade do traballo investido polo alumnado, a partir dos ítems plantexados na plataforma. 10 CB1
CB2
CB4
CE14
Traballo tutelado Preparación autónoma (lectura anotada), individual ou en grupo, dun texto do tipo narrativo, por parte do alumnado. 10 CB1
CB2
CB4
CE15
CE17
CE18
CE19
CE22
Presentación Presentación oral autónoma, individual ou en grupo (dous máximo), a partir dun tema en relación cos contidos da materia. 10 CB1
CB3
CB4
CE14
Resolución de problemas Ao longo do curso, o alumnado realizará na aula exercicios teórico-prácticos avaliables, sobre os contidos explicados en clase. 10 CB1
CB2
CB4
Resolución de problemas e/ou exercicios 1.Proba final práctica sobre os contidos gramaticais e léxicos explicados en clase (EG) : 20%.
2. Proba final de comprensión e expresión escrita (ECEE) : 20%.
3. Proba final de lectura, expresión e comprensión oral (ECEO): 20%.
60 CB1
CB2
CB4
CB5
CE17
CE18
CE19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Na 1ª edición das actas, o alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. As probas non entregadas contarán como un cero. Para aprobar a materia, será necesario dar conta da lectura anotada, elaborar e presentar o traballo na data requirida e obter polo menos 10/20 en cada unha das tres probas finais, que terán lugar dentro do período oficial de exames, na data aprobada en Xunta de FFT. 

O alumnado que, por motivos xustificados, non poida acollerse á avaliación continua deberá indicalo ao profesor ao comezo do curso. Neses casos, terá que examinarse do 100% da materia polo sistema de avaliación única, segundo as seguintes porcentaxes: Lectura anotada: 25%, EG: 25%, ECEE: 25%, ECEO: 25%,  Este exame final terá lugar dentro do período oficial de exames, na data aprobada en Xunta de  FFT.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

Na segunda edición das actas (xullo), o alumnado examinarase exclusivamente da parte da materia que non superase na primeira edición. Este exame terá lugar durante o período de exames de xullo, na data aprobada en Xunta de FFT.

NOTAS XERAIS

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade

Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de comunicación francófonos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000