=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
TODAS
* Metodoloxías docentes que se modifican
NINGUNHA
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
TITORIAS E ATENCIÓN TANTO EN MOOVI COMA NA SALA 318 DO CAMPUS REMOTO
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
DEPENDENDO DO MOMENTO NO QUE NOS ATOPEMOS SE CHEGA UN PARÓN QUE OBRIGUE A PASAR A DOCENCIA NON PRESENCIAL UNICAMENTE SE ADAPTARÁ O CONTIDO QUE POR MOTIVOS TÉCNICOS NON SE POIDA OFRECER DE XEITO VIRTUAL. PREPARANSE ESTUDOS DE CASO CON TEXTOS E VIDEOS QUE ESTARÁN A DISPOR DO ALUMNADO EN MOOVI E QUE FORMARAN PARTE DAS CLASES REMOTAS QUE SE TEÑAN QUE DAR.
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
NON É PRECISO.
* Outras modificacións
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non é preciso adapta-la avaliación pois o deseño da materia xa contempla unha proporción que avalía a adquisición das competencias da materia axustada á continxencia dunha situación de emerxencia:
Proba remota final (40%), traballo tutelado (40%), prácticas breves (20%)
=== MODALIDADE MIXTA ===
Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento. |