Guia docente 2021_22
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingua para fins específicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Resolución de problemas lingüísticos na aula, entrega e corrección de exercicios e problemas traballados na aula, fóra da aula ou nas TIC. 10 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CG4
CG5
CG6
CG10
CG12
CG13
CE56
CE58
CE60
CE61
CE62
CE64
CE65
Traballo Presentación oral e entrega dun traballo escrito feito en grupo (mínimo dúas persoas, máximo tres) sobre un tema asignado a comezos de curso 30 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CG1
CG4
CG5
CG6
CG7
CG10
CG12
CE56
CE57
CE58
CE59
CE60
CE61
CE62
CE63
CE64
Exame oral Proba oral final sobre os contidos explicados nas leccións maxistrais 30 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CG1
CG5
CG6
CG10
CG13
CE56
CE57
CE59
CE60
CE62
CE63
CE64
CE65
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita final sobre a resolución de exercicios traballados na aula ó longo do cuadrimestre 30 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CG1
CG5
CG6
CG7
CG9
CG10
CG12
CG13
CE56
CE57
CE58
CE59
CE60
CE61
CE62
CE63
CE64
CE65
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A avaliación será continua.

Para a avaliación continua computarán os seguintes parámetros obrigatorios (coa ponderación na cualificación final):

(1) Entrega de actividades puntuais (resolución de exercicios, etc.) que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula (10%).

(2) Proba oral final (30%): Exame oral que terá lugar no período de exames de maio na data aprobada en Xunta de Facultade e que aparecerá na páxina web da Facultade. Esta proba abarcará os contidos da materia e nela avaliarase a expresión oral.

(3) Proba escrita final (30%): Exame que terá lugar no período de exames de maio na data aprobada en Xunta de Facultade e que aparecerá na páxina web da Facultade. Esta proba abarcará tódolos contidos teóricos e prácticos explicados ó longo do cuadrimestre.

(4) Traballo e presentación (30%): Desenvolvemento oral e escrito en grupos de estudantes dun estudo sobre un tema relacionado cos contidos da materia, en horario de clases.

O alumnado que non poda seguir o sistema de avaliación continua deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente nas primeiras sesións do curso, e deberá seguir a modalidade de avaliación única. Esta consistirá en realizar na primeira edición de actas (maio) unha proba final que terá lugar no período de exames de maio na data oficial aprobada en Xunta de Facultade e que aparecerá na páxina web da Facultade. Esta proba terá unha parte escrita que suporá o 60% da cualificación final e unha proba oral que suporá o 40%.

Todo o alumnado que non supere a materia na edición de maio poderá presentarse a unha proba final na segunda edición de actas en xullo (data oficial aprobada pola Xunta da FFT) de toda a materia que suporá o 100% da cualificación, dividida en 60% a parte escrita e 40% a parte oral.

Para aprobar a materia en avaliación continua  é requisito indispensable obter nas probas (2) e (3) unha cualificación mínima de 4 (sobre 10). De non ser o caso, a materia estaría suspensa aínda que a media aritmética das dúas probas sexa 5 ou superior.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

Unha proba final de toda a materia que suporá o 100% da cualificación, dividida en 60% a parte escrita e 40% a parte oral. Terá lugar na data oficial aprobada pola Xunta da FFT.

N.B.: En caso de calquera tipo de plaxio a cualificación final será de suspenso. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000