Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Literatura e cultura do segundo idioma estranxeiro: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Avaliación continua da participación activa nas clases; debate e comentario das lecturas obrigatorias. Entrega e exposición de traballos. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C23
C24
C25
C26
C27
C28
Exame de preguntas de desenvolvemento 1. Primer exame parcial relativo os contidos vistos nas tres primeiras lecturas feitas polo alumnado pola sua conta e logo analizadas e debatidas na aula coa profesora. 40% da nota total.
40 A1
A2
A3
A4
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C23
C24
C25
C26
C27
C28
Exame de preguntas de desenvolvemento 2.Segundo exame parcial relativo os contidos vistos nas tres últimas lecturas feitas polo alumnado pola sua conta e logo analizadas e debatidas na aula coa profesora. 40% da nota total. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C23
C24
C25
C26
C27
C28
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS:

A avaliación e cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua mais a nota media de dous exames parcíais de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. A avaliación continua comprende a participación activa nas clases, a lectura obrigatoria dos libros indicados no programa e o seu comentario nas clases para demostrar a súa lectura razoada, asi como a realización e exposición de traballos fixados de común acordó coa profesora. Valorarase moi positivamente a asistencia e participación activa nas clases. Ademais, nas datas fixadas previamente pola profesora da materia haberá dous exames escritos. O contido dos devanditos exames terá que ver coas lecturas feitas na aula. Cada un dos dous exames acadará un valor do 40% da nota total da materia. 

Non se poderá superar a materia sen acadar un mínimo de 5 en cada una das partes evaluadas nos exames escritos.

Os/As estudantes que suspendan na avaliación continua deberán examinarse de toda a materia na segunda edición de actas indicada máis abaixo.

O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla a avaliación única deberá realizar tanto o exame escrito final sobre os contidos da materia, como tamén un traballo escrito adicional; o tema do traballo será acordado coa profesora responsable da materia. A data do exame escrito será a publicada no calendario oficial de exames do Decanato da FFT. A data límite de entrega do traballo escrito coincidirá tamén con esa data. A nota da materia resultará da nota media entre a cualificación obtida polo traballo escrito e a cualificación no exame, sendo preciso acadar un 5 como nota media entre ambas.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):
Exame escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. O exame terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames publicado polo Decanato da FFT.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000