Guia docente 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra
Grao en Enfermaría
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B1 Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
B2 Saber planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familias ou grupos, orientados, aos resultados en saúde, avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
B3 Saber aplicar os fundamentos e principios técnicos e metodolóxicos da enfermaría
B4 Ser capaz de comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural
B5 Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas
B6 Aplicar as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles
B7 Saber comprender, sen prexuízos, as persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, ademais de garantir o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional
B8 Promover e respectar o dereito de participación, información, autonomía e consentimento informado na toma de decisións das persoas atendidas, acorde coa forma en que viven o seu proceso de saúde-enfermidade
B9 Fomentar estilos de vida saudables e o autocoidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas
B10 Protexer a saúde e o benestar das persoas, familias ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade
B11 Saber establecer unha comunicación eficaz con pacientes, familias, grupos sociais e compañeiros. Fomentar a formación e información para a saúde
B12 Aplicar o código ético e deontolóxico da enfermaría española, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación
B13 Aplicar os principios de financiamento sanitario e sociosanitario e utilizar axeitadamente os recursos dispoñibles
B14 Establecer mecanismos de avaliación, considerando os aspectos científico-técnicos e de calidade
B15 Ser capaz de traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais
B16 Ser capaz de utilizar os sistemas de información sanitaria
B17 Realizar coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial
B18 Aplicar estratexias para adoptar medidas de confortabilidad e atención de síntomas, dirixidas ao paciente e familia, na aplicación de coidados paliativos que contribúan a aliviar a situación de pacientes en situacións de enfermidade avanzada e/ou rematal
C1 Coñecer e identificar a estrutura e función do corpo humano. Comprender as bases moleculares e fisiolóxicas das células e os tecidos.
C2 Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría.
C3 Coñecer os diferentes grupos de fármacos, os principios da súa autorización, uso e indicación, e os mecanismos de acción dos mesmos.
C4 Utilización dos medicamentos, avaliando os beneficios esperados e os riscos asociados e/ou efectos derivados da súa administración e consumo.
C5 Coñecer e valorar as necesidades nutricionais das persoas sas e con problemas de saúde ao longo do ciclo vital, para promover e reforzar pautas de conduta alimentar saudable.
C6 Identificar os nutrientes e os alimentos en que se atopan.
C7 Identificar os problemas nutricionais máis habituais e seleccionar as recomendacións dietéticas adecuadas.
C8 Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde.
C9 Coñecer os procesos fisiopatolóxicos e as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital.
C10 Identificar as respostas psicosociais das persoas ante as diferentes situacións de saúde (en particular, a enfermidade e o sufrimento), seleccionando as accións adecuadas para proporcionar axuda nas mesmas.
C11 Establecer unha relación empática e respectuosa co paciente e familia, acorde coa situación da persoa, problema de saúde e etapa de desenvolvemento.
C12 Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses.
C13 Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado.
C14 Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar a/o estudante na prevención, a detección precoz, a asistencia, e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia.
C15 Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
C16 Comprender desde unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermaría, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os plans de coidados correspondentes.
C17 Aplicar o proceso de enfermaría para proporcionar e garantir o benestar a calidade e seguridade das persoas atendidas.
C18 Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría.
C19 Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría, ao individuo, a familia e a comunidade.
C20 Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, a familia e a comunidade.
C21 Comprender a función e actividades e actitude cooperativa que o profesional deberá desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde.
C22 Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade.
C23 Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender as persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
C24 Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
C25 Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade.
C26 Analizar os datos estatísticos referidos a estudos da poboación, identificando as posibles causas de problemas de saúde.
C27 Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, cuxas vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
C28 Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases.
C29 Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde.
C30 Analizar os datos recollidos na valoración, priorizar os problemas do paciente adulto, establecer e executar o plan de coidados e realizar a súa avaliación.
C31 Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares.
C32 Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde.
C33 Ter unha actitude cooperativa cos diferentes membros do equipo.
C34 Identificar as características das mulleres nas diferentes etapas do ciclo reprodutivo e no climaterio e nas alteracións que se poden presentar proporcionando os coidados necesarios en cada etapa.
C35 Aplicar coidados xerais durante o proceso de maternidade para facilitar a adaptación das mulleres e os neonatos ás novas demandas e previr complicacións.
C36 Coñecer os aspectos específicos dos coidados do neonato. Identificar as características das diferentes etapas da infancia e adolescencia e os factores que condicionan o patrón normal de crecemento e desenvolvemento.
C37 Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes na infancia e identificar as súas manifestacións. Analizar os datos de valoración do neno, identificando os problemas de enfermaría e as complicacións que poden presentarse.
C38 Aplicar as técnicas que integran o coidado de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos nenos e os seus coidadores.
C39 Seleccionar as intervencións dirixidas ao neno san e ao enfermo, así como as derivadas dos métodos de diagnóstico e tratamento.
C40 Ser capaz de proporcionar educación para a saúde aos pais ou coidadores primarios.
C41 Comprender os cambios asociados ao proceso de envellecemento e a súa repercusión na saúde.
C42 Identificar as modificacións estruturais, funcionais, psicolóxicas e de formas de vida asociadas ao proceso de envellecemento.
C43 Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes nos anciáns
C44 Seleccionar as intervencións coidadoras dirixidas a tratar ou a previr os problemas de saúde e a súa adaptación á vida diaria mediante recursos de proximidade e apoio á persoa anciá.
C45 Coñecer o Sistema Sanitario Español.
C46 Identificar as características da función directiva dos servizos de enfermaría e a xestión de coidados.
C47 Coñecer e ser capaz de aplicar as técnicas de dirección de grupos.
C48 Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermaría española, inspirado no código europeo de ética e deontoloxía de enfermaría.
C49 Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia.
C50 Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
C51 Coñecer os problemas de saúde mental máis relevantes nas diferentes etapas do ciclo vital, proporcionando coidados integrais e eficaces, no ámbito da enfermaría.
C52 Coñecer os coidados paliativos e control da dor para prestar coidados que alivien a situación dos enfermos avanzados e terminais
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Capacidade de organización y planificación
D3 Capacidade de xestión da información
D4 Resolución de problemas e toma de decisions
D5 Traballo en equipo, multidisciplinar e multilingüe
D6 Habilidades nas relacións interpersoais
D7 Razoamento crítico
D8 Aprendizaxe autónomo
D9 Adaptación a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor. Creatividade.
D10 Motivación pola calidade
D11 Sensibilidade cara a temas ambientais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000