13 de setembro do 2024 ás 10.00h.
18 de outubro do 2024 ás 10.00h.
15 de novembro do 2024 ás 10.00h.
son obrigatorias xa que, entre outros, nelas préstase o soporte necesario para que o alumnado, a partir do portafolio, poida cumprir adecuadamente cos requisitos da avaliación da memoria que ten que presentar ao finalizar o período de prácticas. Por cada ausencia cóntaselle un día de prácticas a recuperar e descóntaselle, 0,2 puntos da avaliación de memoria.
6
A1
D2 D8 D9
Cartafol/dossier
Documento de autoevaluación no que a/o estudante rexistra, seguindo as normas reflectidas no documento, a relación co usuario, a integración no equipo de traballo, anotando as intervencións e procedementos realizados, valora os seus logros e determina os factores que poden influír na súa actuación. Avaliarase a coherencia. A súa elaboración é obrigatoria como parte da avaliación da memoria.
Data de entrega: até o día 29 de novembro 2024 ás 14.00h.
Non se recollerá ningún portafolio despois da data de fin de entrega
4
D1 D3 D4 D5 D6 D7 D8
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas
Elaboración, obrigatoria, por parte do/a alumno/a, dun documento no que se reflicten os resultados obtidos, observacións, análises e reflexións sobre a súa experiencia práctica na unidade asistencial, que xunto coa calidade do documento presentado e a cumplimentación das normas de estrutura e estilo recollidas no seu cartafol, constitúen os criterios de avaliación.
Data de entrega: até o día 29 de novembro 2024 as 14.00h.
Non se recollerá ningunha memoria superada dita data.
20
A3
D1 D2 D3 D7 D8
Simulación ou Role Playing
Avaliación da actividade levada a cabo polo/a alumno/a na institución sanitaria: nas probas de simulación enfermeira baseadas na aplicación de coidados baixo a taxonomía NANDA, NOC, NIC, o/a estudante, nas datas establecidas,
29 de novembro do 2024, ás 10.00 e ás 16.30, (1ª oportunidade)
4 e 8 de xullo de 2025 ás 10.00 e ás 16.30 (2ª oportunidade),
realizará unha proba práctica obrigatoria como requisito indispensable para a superación da materia. De non aprobar esta proba co 50% do seu valor, non se poderán sumar as outras probas avaliables. Proba que se realizará na aula de simulación para avaliar o grao na adquisición das competencias que o estudante necesariamente debe adquirir.
Como condición previa necesaria para superar a proba establece que o alumnado presentará no prazo establecido o traballo indicado polo equipo docente relacionado coa taxonomía NANDA, NOC, NIC.
Como parte da avaliación da actividade levada a cabo polo alumno/a na institución sanitaria, a observación sistemática realizase para a avaliación continuada coa observación directa, que se desenvolve mediante un seguimento personalizado do estudante a través do/a supervisor/a, dos/os enfermeiros/os asistenciais colaboradores de prácticas clínicas onde realiza as súas actividades formativas, e dos profesores da materia. Para a emisión do informe, utilízase a ficha para a observación sistemática remitida pola escola, onde se recollen os resultados esperados na avaliación das competencias: coñecementos, habilidades, actitudes e aptitudes a través do grao na consecución dos resultados de aprendizaxe do estudante. Para iso, aos evaluadores, no centro, existe un documento de apoio accesible desde a páxina web, acceso: http://www.enfermeria.depo.es/practicas-clinicas coa información necesaria para dotalos dunha ferramenta idónea que facilite a aplicación dos criterios de avaliación de maneira obxectiva, en función das intervencións NIC e do modelo das 14 necesidades básicas de V. Henderson, de maneira que poidan consultar e aplicar na avaliación uno ou outro modelo indistintamente. Ten que ser superada co 50% do seu valor.
A guía de prácticas clínicas recolle os procedementos, normas e instrucións que lle afectan directamente a esta materia, polo que é obrigatorio o seu coñecemento e cumprimento. Todo o alumnado, antes do inicio das prácticas clínicas, debe asinar o documento de confidencialidade incluído no protocolo; Pautas básicas para asegurar e protexer o dereito a intimidade do paciente polo alumnado e residentes en Ciencias da Saúde. Si o/a estudante non presenta a memoria e o cartafol nas datas establecidas na primeira oportunidade, suspenderá as prácticas, e deberá esperar até a apertura do período de avaliación da segunda oportunidade para presentalo, para que o/a alumno/póidaa ser avaliado/a.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000