A materia céntrase nas formas con volume e o deseño tridimensional. Desde un enfoque manual até o manexo de programas informáticos de modelado e impresión 3D, o obxectivo é capacitar ao estudiantado para abordar proxectos tridimensionais nos ámbitos do deseño gráfico e de moda desde unha perspectiva ampla e técnica.
A través da experimentación, o deseño e a fabricación de modelos en 3D, o alumnado poderá familiarizarse coas técnicas e a terminoloxía asociadas ao deseño tridimensional. Tanto desde a disciplina do deseño gráfico e de produto (obxectos, aplicacións gráficas corpóreas, embalaxes, etc.), como desde o ámbito do deseño de moda (complementos, accesorios, estruturas tridimensionais para vestimentas, etc.).