Educational guide 2025_26
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Materias
  Modelado 3D
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado das bases teóricas do deseño e modelado tridimensional, e directrices dos traballos que, posteriormente, o alumnado desenvolverá.
Prácticas con apoio das TIC O alumnado realizará prácticas coa axuda do computador para familiarizarse cos conceptos teóricos e co software utilizado en cada bloque temático. O obxectivo principal é asimilar os conceptos abordados durante a clase e descubrir novas posibilidades creativas a través dos diferentes recursos dixitais. Ao longo das sesións de traballo farase seguimento e atención personalizada.
Resolución de problemas de forma autónoma Execución técnica adecuada de procedementos e experimentacións de carácter tridimensional. O alumnado deberá demostrar a asimilación de contidos da materia e a súa aplicación persoal de maneira creativa e tecnicamente correcta. Valorarase o proceso de investigación, o nivel de acabado e o risco na experimentación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000