| Código |
Descrición |
| A1 |
Posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, tamén inclúe algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
| A3 |
Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
| A4 |
Ser capaz de transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
| B1 |
Saber analizar e sintetizar |
| B3 |
Saber xestionar axeitadamente a información (capacidade para recuperar e analizar a información de diversas fontes). |
| B4 |
Saber expoñer oralmente e por escrito con claridade problemas complexos e proxectos dentro dun campo de estudo. |
| B5 |
Coñecer e adquirir as bases éticas necesarias para o desenvolvemento profesional. |
| C1 |
Posuír os coñecementos abondos para levar a cabo con coherencia todos os procesos propios do deseño. Isto implica a recopilación e análise de datos, a síntese formal, a aplicación dos coñecementos na práctica, a proposta e defensa dun concepto de deseño e o seu desenvolvemento ata levalo á práctica na súa fabricación e produción. |
| C2 |
Saber identificar problemas que se poden resolver mediante o deseño, plantexalos como problemas de deseño, proverse dos datos pertinentes para desenvolver o proxecto, propoñer un concepto de deseño e decidir criterios de formalización, elixir os materiais e procedementos construtivos adecuados en cada caso, controlar a coherencia na toma de decisións e avaliar os resultados obtidos. |
| C4 |
Manexar as ferramentas conceptuais, tecnolóxicas e metodoloxías aplicables nun proxecto de deseño (programas informáticos específicos, sistemas de representación tradicional e dixital; construción de maquetas, modelos e prototipos, fotografía, técnicas de vídeo, gráfica audiovisual e interactiva, animación e ilustración), así como demostrar habilidade no manexo doutras técnicas, procedementos específicos, materiais, tecnoloxías e procesos de produción. |
| C12 |
Coñecer os fundamentos da xestión do deseño e o seu ámbito profesional (aspectos económicos e as súas implicacións, aspectos legais, normativas vixentes, xestión de proxectos, boas prácticas e códigos deontolóxicos) de modo que permitan saber aplicalos tanto nos proxectos de deseño propios e en equipo, como na dinámica do traballo con entidades prestadoras de servizos de deseño. |
| C13 |
Saber analizar de forma crítica a evolución dos valores estéticos, históricos, materiais, económicos e conceptuais do Deseño. Comprender a evolución histórica e a base conceptual dos discursos actuais do Deseño. |
| C20 |
Ser capaz de resolver problemas nun entorno interdisciplinario do deseño de moda desenvolvendo ao máximo tanto as posibilidades estéticas como formais. |
| C21 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos, tecnoloxías, ferramentas e procedementos construtivos habituais no ámbito do deseño de indumentaria. |
| D1 |
Traballar con perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |
| D2 |
Saber comunicarse de forma oral e por escrito en lingua galega. |
| D3 |
Coñecer as bases da sostibilidade e o compromiso ambiental co obxectivo de facer un uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. |