Guia docente 2025_26
Facultad de Diseño
Grao en Deseño
 Materias
  Fundamentos de tipografía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado deberá resolver diferentes exercicios plantexados ao longo do curso relacionados cos bloques temáticos 30 A5
B2
C3
C6
Proxecto O alumnado deberá realizar un proxecto final que aborde todos os aspectos da materia 40 A5
B2
C3
C6
Presentación O alumnado realizará unha presentación do seu proxecto apoiado en medios audiovisuais 10 B2
D2
Exame de preguntas obxectivas O alumnado deberá realizar unha proba exame de preguntas obxectivas en base aos contidos da materia 20 A5
C3
C6
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria ordinaria

A avaliación realizarase de forma continua ao longo do cuadrimestre.

A asistencia ás clases será obrigatoria no modelo de avaliación continua, así como a entrega de todos e cada un dos traballos propostos e a realización de todas as probas. O profesorado levará un seguimento da asistencia ás clases e da participación activa nas mesmas.

A avaliación continua levarase a cabo en base ás metodoloxías/probas indicadas, e a porcentaxe de cualificación será a seguinte:


  • Resolución de problemas e/ou exercicios a desenvolver tanto na aula como a través do traballo autónomo do estudantado, que suporá o 30% da nota final.



  • Como último traballo, proporase un proxecto final que implique a demostración da adquisición de todos os coñecementos da materia de maneira progresiva, e que suporá o 40% da nota final.



  • Realizarase unha exposición por parte do estudantado ante o docente e o resto do grupo sobre os resultados do proxecto, o que suporá o 10% da nota final da materia.



  • O alumnado deberá realizar unha proba-exame de preguntas obxectivas baseada nos contidos da materia, que suporá o 20% restante da cualificación.



Avaliación global

Para aquel alumnado ao que se lle conceda a opción de avaliación global, a proba de avaliación consistirá na entrega de todos os problemas e/ou exercicios do cuadrimestre, a entrega do proxecto final, a realización dunha presentación o día da proba e a realización da proba-exame de preguntas obxectivas.

As ponderacións das cualificacións serán as mesmas que na avaliación continua.


Convocatoria extraordinaria de xullo

No caso de non superar a materia na convocatoria ordinaria, o estudantado deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo, que consistirá na elaboración previa de todos os problemas e/ou exercicios do cuadrimestre, a entrega do proxecto final e a súa presentación, e a realización da proba-exame de preguntas obxectivas.

As ponderacións das cualificacións serán as mesmas que na avaliación continua.


Pódense consultar as datas de avaliación na páxina web da titulación:

https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000