Convocatoria ordinaria No desenvolvemento da materia empregarase unha metodoloxía de avaliación continua, polo que a asistencia ás clases será obrigatoria, así como a entrega de todos e cada un dos exercicios propostos, e a realización do exame. A avaliación realizarase en base ás seguintes tipoloxías de actividades: - Resolución de problemas de forma autónoma: 35%
- Resolución de problemas e/ou exercicio: 35%
- Exame de preguntas obxectivas: 20%
- Observación sistemática: 10%
Para o alumnado ao que se lle conceda a opción de avaliación global, a proba de avaliación consistirá en presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas características requiridas na metodoloxía de avaliación continua, así como a realización do exame o día da proba. Neste caso, a avaliación será da seguinte maneira: - Resolución de problemas e/ou exercicios: 70%
- Exame de preguntas obxectivas: 30%
Convocatoria extraordinaria de xullo Na convocatoria extraordinaria, o alumnado deberá presentar e superar o mesmo número de traballos e segundo as mesmas características requiridas na metodoloxía global, así como a realización do exame o día da proba, que levará a cabo durante o período oficial de exames. A data e hora comunicaranse ao comezo do curso no cronograma da materia. A avaliación da convocatoria extraordinaria de xullo será da seguinte maneira: - Resolución de problemas e/ou exercicios: 70%
- Exame de preguntas obxectivas: 30%
A non presentación dalgún dos exercicios ou unha nota inferior a 3,5 nalgún deles ou no exame, suporá o suspenso da materia, tanto na convocatoria ordinaria (avaliación continua e global) como na extraordinaria. Datas de avaliación Todas as datas das probas de avaliación aprobadas polo centro pódense consultar na seguinte dirección: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/ |