Guia docente 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
  A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
  A4 Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado
  A5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Saber traballar en equipos profesionais como unidade básica na que os profesionais e demais persoal das organizacións sanitarias estrutúranse dun xeito uni ou multidisciplinar e interdisciplinar.
  B2 Incorporar os principios éticos e legais da profesión á práctica profesional e integrar aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións.
  B3 Comunicarse de xeito efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos usuarios do sistema sanitario así como con outros profesionais.
  B4 Adquirir formación científica básica en investigación.
  B5 Ser capaz de presentar e defender ante un tribunal universitario un traballo de fin de grado, consistente nun exercicio de integración dos contidos formativos recibidos e as competencias adquiridas.
Sinale C Código Habilidades
  C1 Coñecer os principios e teorías dos axentes físicos e as súas aplicacións en fisioterapia.
  C2 Comprender os principios da biomecánica e a electrofisioloxía e as súas principais aplicacións no ámbito da fisioterapia.
  C3 Identificar os factores psicolóxicos e sociais que inflúen no estado de saúde ou enfermidade das persoas, familias e comunidade.
  C4 Coñecer e desenvolver a teoría da comunicación e as habilidades interpersoais.
  C5 Comprender as teorías do aprendizaxe e aplicalas na educación para a saúde e no propio proceso de aprendizaxe ao longo de toda a vida. Comprender os aspectos psicolóxicos na relación fisioterapeuta-paciente. Identificar os factores que interveñen no traballo en equipo e en situacións de liderado.
  C6 Identificar as estruturas anatómicas como base de coñecemento para establecer relacións dinamicamente coa organización funcional.
  C7 Coñecer os trocos fisiolóxicos e estructurais que se poden producir como consecuencia da aplicación da fisioterapia.
  C8 Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado.
  C9 Coñecer a fisiopatoloxía das enfermidades identificando as manifestacións que aparecen ao longo del proceso, así como os tratamentos médico-quirúrxicos, fundamentalmente nos seus aspectos fisioterapéuticos e ortopédicos. Identificar os trocos producidos como consecuencia da intervención da fisioterapia. Fomentar a participación do usuario e familia no seu proceso de recuperación.
  C10 Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar aos estudantes na prevención, a detección precoz, a asistencia e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia.
  C11 Identificar o concepto, evolución e fundamentos da fisioterapia nos seus aspectos científicos e profesionais. Comprender a teoría xeral do funcionamento, a discapacidade e a saúde e a súa clasificación internacional, así como os modelos de intervención en fisioterapia e a súa práctica asistencial.
  C12 Coñecer e aplicar as bases teóricas e o desenvolvemento dos métodos e procedementos fisioterapéuticos.
  C13 Ter a capacidade de valorar desde la perspectiva da fisioterapia o estado funcional do paciente/usuario, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais do mesmo.
  C14 Comprender e aplicar os métodos e procedementos manuais e instrumentais de Valoración en Fisioterapia e Rehabilitación Física, así como a avaliación científica da súa utilidade e efectividade.
  C15 Comprender os principios ergonómicos e antropométricos.
  C16 Analizar, programar e aplicar o movemento como medida terapéutica, promovendo a participación do paciente/usuario no seu proceso.
  C17 Coñecer, deseñar e aplicar as distintas modalidades e procedementos xerais de intervención en fisioterapia: Masoterapia, Electroterapia, Magnetoterapia, Hidroterapia, Balneoterapia, Climatoterapia, Talasoterapia, Termoterapia, Crioterapia, Vibroterapia, Fototerapia, Presoterapia, terapias derivadas doutros axentes físicos, así como aspectos fundamentais da Ergoterapia e outras terapias afíns ao ámbito de competencia da fisioterapia.
  C18 Fomentar a participación do usuario e familia no seu proceso de recuperación.
  C19 Comprender e realizar os métodos e técnicas específicos referidos ao aparello locomotor (incluíndo terapias manuais, terapias manipulativas articulares, osteopatía e quiropraxia), aos procesos neurolóxicos, ao aparello respiratorio, ao sistema cardiocirculatorio e ás alteracións da estática e a dinámica. Métodos e técnicas específicas que teñan en conta as implicacións da ortopedia na fisioterapia, técnicas terapéuticas reflexas, así como outros métodos e técnicas alternativas e/ou complementarias cuxa seguridade e eficacia estea demostrada segundo o estado de desenvolvemento da ciencia.
  C20 Identificar o tratamento fisioterapéutico mais axeitado nos diferentes procesos de alteración, prevención e promoción da saúde así como nos procesos de crecemento e desenvolvemento.
  C21 Identificar a situación do paciente/usuario a través dun diagnóstico de coidados de fisioterapia, planificando as intervencións, e avaliando a súa efectividade nun entorno de traballo cooperativo con outros profesionais en ciencias da saúde.
  C22 Coñecer e aplicar as guías de boa práctica clínica.
  C23 Comprender os conceptos fundamentais da saúde e a función que realiza o fisioterapeuta no sistema sanitario.
  C24 Promover hábitos de vida saudables a través da educación para a saúde.
  C25 Comprender os factores relacionados coa saúde e os problemas relacionados coa fisioterapia nos ámbitos da Atención Primaria, Especializada e da Saúde Laboral.
  C26 Coñecer o Sistema Sanitario Español e os aspectos relacionados coa xestión dos servizos de saúde, fundamentalmente aqueles nos que interveña a fisioterapia.
  C27 Coñecer e analizar os procesos de xestión dun servizo ou unidade de Fisioterapia.
  C28 Coñecer e aplicar os mecanismos de calidade na práctica de fisioterapia, axustándose aos criterios, indicadores e estándares de calidade recoñecidos e validados para o adecuado exercicio profesional.
  C29 Coñecer as bases éticas e xurídicas da profesión nun contexto social cambiante.
  C30 Coñecer os códigos éticos e deontolóxicos profesionais.
  C31 Coñecer a estrutura do corpo humano e identificar elementos estruturais e alteracións da normalidade nos diferentes métodos de análise e diagnóstico a través de imaxe.
  C32 Incorporar a investigación científica e a práctica basada na evidencia como cultura profesional.
  C33 Integrar todos os coñecementos, habilidades, destrezas, actitudes e valores, adquiridos en todas las materias, desenvolvéndose todas as competencias profesionais e capacitando para una atención de fisioterapia eficaz con la realización de prácticas preprofesionais en forma de rotatorio clínico independente e cunha avaliación final de competencias nos centros de saúde, hospitais e outros centros asistenciais.
  C34 Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conducta das persoas, tanto sas como enfermas, no medio natural e social.
  C35 Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia.
  C36 Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita a aplicar na clínica para la reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde.
  C37 Adquirir a experiencia clínica adecuada que proporcione habilidades intelectuais e destrezas técnicas e manuais; que facilite a incorporación de valores éticos e profesionais; e que desenvolva a capacidade de integración dos coñecementos adquiridos.
  C38 Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde.
Sinale D Código Competencias
  D1 Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega.
  D2 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo
  D3 Recoñecemento á diversidade e á multiculturalidade
  D4 Creatividade, espírito emprendedor e adaptación a novas situacións
  D5 Desenvolver a capacidade de liderado e organización.
  D6 Sostenibilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
  D7 Manter unha actitude de aprendizaxe e mellora.
  D8 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade mais xusta e igualitaria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000