Educational guide 2023_24
Facultade de Comunicación
Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
 Materias
  Xestión, edición e publicacións de contidos con CMS
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Elaboración dunha páxina web completamente funcional con WordPress (40%) 40 C11
C14
D5
Observación sistemática Asistencia e participación na aula e / ou en actividades programadas. 20 B1
C12
D5
Traballo Elaboración dunha landing page dende o inicio máis básico empregando HTML + CSS e os recursos web indidados nas sesións teóricas (40%) 40 C11
C14
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

"Outros comentarios sobre a Avaliación"

1.- Consideracións sobre a avaliación continua.

 

O/a estudante cursa avaliación continua por defecto. 

Para superar a materia é preciso obter un mínimo do 50% da puntuación de cada unha das metodoloxías/probas indicadas. No caso de non obter a puntuación mínima, o alumno/a non superará a materia, e figurará como suspenso nesa convocatoria coa nota menos lesiva para o seu expediente. 

Non se fai media de ningún apartado se non se obtén a puntuación mínima (50% do total de cada metodoloxía).

A asistencia é obrigatoria, tanto á teoría como ás clases prácticas. Os estudantes deben asistir con regularidade á materia (mínimo un 80% das clases), no caso de non superar esa cifra, perderán o dereito a ser avaliados na primeira convocatoria. A asistencia avalíase na metodoloxía de observación sistemática

Na segunda convocatoria e sucesivas, cada traballo terá un peso do 50% e non se avaliará a observación sistemática.

 

 

2.- Descrición concisa da segunda oportunidade.

O/a estudante que curse avaliación contínua deberá superar en segunda convocatoria os traballos que non superase co 50% da puntuación mínima en primeira convocatoria. 

O/a estudante que curse avaliación global deberá someterse en 2ª convocatoria ás mesmas condicións descritas na avaliación global. Isto é, terá o mesmo sistema de avaliación descrito no punto 3 destas instrucións. 

A efectos de coordinar a segunda oportunidade, o alumnado que deba someterse a esta avaliación deberá contactar co docente responsable da memoria, quen establecerá as probas pertinentes ben sexa en Moovi, ou de forma física durante a data establecida e aprobada en Xunta de Facultade. 

As condicións de segunda oportunidade descritas aquí aplícanse para o resto de convocatorias sucesivas.

 

 

3.- Descrición concisa da avaliación global.

 

O/a estudante que así o desexe e solicite formalmente de acordo co plazo e mecanismos establecidos polo decanato terá dereito á avaliación global. A tal efecto, convén revisar a información facilitada polo centro. 

A proba de avaliación global efectuarase na data establecida polo centro e aprobada en Xunta de Facultade e avaliará de forma sistemática as metodoloxías e probas establecidas na guía docente para a segunda convocatoria, e terá unha duración total de 5h. 

No caso de habilitarse a entrega previa de traballos deberá acordarse coa persoa responsable da materia con suficiente antelación.

 

4.- Outras consideracións

_Para todo o non contemplado e/ou detallado nesta guía, tomarase como referencia as indicacións do REGULAMENTO SOBRE A AVALIACIÓN, A CALIFICACIÓN E A CALIDADE DA DOCENCIA E DO PROCESO DE APRENDIZAXE DO ESTUDANTADO (Aprobado no claustro do 18 de abril de 2023). _

 

A guía docente presenta o plantexamento xeral da asignatura. Por motivos de extensión e ante a imposibilidade de subir documentación complementaria na plataforma Docnet, os detalles máis concretos xestionaranse a través da plataforma Moovi.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000