Guia docente 2023_24
Facultad de Comunicación
Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
 Materias
  Ecosistema de medios sociais e ferramentas dixitais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Nos seminarios desenvolveranse os contidos da materia cunha perspectiva de aprendizaxe activa polo que se valorará a participación e implicación do alumnado nas actividades. 20 A1
C1
Prácticas con apoio das TIC Actividade de curación de contidos e publicación en redes sociais desenvolvida de xeito individual 40 A5
C1
C2
Cartafol/dossier Elaboración dun informe final sobre a actividade de publicación en redes sociais desenvolvida, según os parámetros facilitados polos docentes. 40 A1
A5
C1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O procedemento de avaliación descrito ata este punto é válido para o alumnado que opte pola avaliación continua e cumpra coas entregas previstas ao longo do cuadrimestre.

En caso de que desexe optar por avaliación global, o alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo establecido polo centro para tal fin, axuntado cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin. O procedemento de avaliación global é o descrito a continuación.

AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA

A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas. Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispor de 4 horas para a realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial.

A avaliación global consta das seguintes probas:

Proba 1. Exame da materia (20%)

Proba 2. Actividade de curación de contidos e publicación en redes sociais desenvolvida de xeito individual (40%). Entrega a través de Moovi con límite na data do exame.

Proba 3. Elaboración dun informe final sobre a actividade de publicación en redes sociais desenvolvida, según os parámetros facilitados polos docentes. (40%). Entrega a través de Moovi con límite na data do exame.

A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000