Código |
Descrición |
CB4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
CG1 |
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance do coñecemento no eido da xestión pública a través dunha investigación orixinal. |
CG6 |
Habilidade para deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos innovadores no eido da xestión pública e das ciencias sociais en xeral. |
CG7 |
Capacidade para xerar novas ideas (creatividade) que permita o avance do coñecemento da xestión pública. |
CE14 |
Coñecer o papel fundamental que desempeñan as persoas dentro dunha organización como suxeitos de coñecemento para acadar a excelencia. |
CT5 |
Habilidade de aprendizaxe autodirixida e traballo autónomo no eido das ciencias sociais. |