=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
A Guía Docente foi elaborada para que poida ser adaptada sen grandes modificacións á docencia mixta ou, de ser necesaria, á docencia virtual.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
Lección maxistral
Aprendizaxe baseado en proxectos
Resolución de problemas
Estudo de casos
* Metodoloxías docentes que se modifican
Os seminarios e as presentacións serán substituidas por metodoloxías indicadas no apartado anterior nas que predomine o traballo individual do alumnado
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
O docente habilitará un horario extra de atención virtual ao alumnado
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
O docente subirá a faitic documentación dixital que permita a auto-aprendizaxe
* Outras modificacións
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A porcentaxe do apartado teórico e práctico mantéñense no caso da docencia mixta e da virtual.
Nas clases teóricas da docencia mixta desenvolveranse probas que vaían sumando puntos a este apartado.
No caso da docencia mixta mantense un exame final cunha puntuación de 2 puntos
No caso da docencia virtual este exame será substituído por un traballo teórico, que terá unha valoración total igual ao exame final máis as probas que non se puideran facer nas clases teóricas.
|