Guia docente 2023_24
Facultade de Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Administración pública e análise estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Avaliarase a resolución dos exercicios propostos na parte de Administración Pública, para o que deberán entregarse no prazo que se estableza dentro do período de docencia presencial. 10 B3
C2
C14
Prácticas de laboratorio Avaliarase a asistencia e participación do alumnado nas clases interactivas na aula de informática da parte de Análise Estatística, así como a resolución de forma presencial nas referidas clases dos exercicios propostos. 10 A3
B3
C14
Exame de preguntas de desenvolvemento Avaliaranse as competencias adquiridas polo alumnado na parte de Análise Estatística, mediante a resolución das cuestións que se propoñan no exame desta parte. 40 A3
B1
B3
Exame de preguntas obxectivas Avaliaranse as competencias adquiridas polo alumnado na parte de Administración Pública, mediante a resolución das cuestións que se propoñan no exame desta parte. 40 B1
B3
C2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para solicitar atención personalizada mediante titoría, o/a estudante deberá enviar unha mensaxe por correo electrónico ó/á docente, co asunto "Titoría". O/A docente indicaralle a data e a hora asignadas á titoría solicitada tamén mediante unha mensaxe por correo electrónico.

Nos exames/probas desta materia non se permitirá o uso de auriculares, nin de dispositivos con capacidade de acceso a internet. Tampouco se poderán utilizar calculadoras programables, nin calculadoras con capacidade gráfica.

Para a
realización dos exames/probas desta materia que teñan lugar na data que se estableza no calendario
oficial de exames de cada convocatoria, o/a estudante deberá dispoñer de 4
horas para a súa realización, a partir da hora oficial de inicio do exame establecida para esta materia.

Na plataforma Moovi facilitarase información sobre as titorías, os exames/probas de avaliación e o contido desta materia. É responsabilidade de cada estudante acceder á referida información, así como recompilar toda aquela información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia.

Esta materia divídese en dous partes:

- A primeira parte, Análise Estatística, comprende os temas 1-5. Impartirase dende o inicio do período docente do primeiro cuadrimestre ata o 28 de outubro de 2023 (incluído).

- A segunda parte, Administración Pública, comprende os temas 6-9. Impartirase dende o 29 de outubro de 2023 (incluído) ata o final do período docente do primeiro cuadrimestre.

Establécense dúas modalidades de avalación para a primeira oportunidade: avaliación continua e avaliación global.

A avaliación por defecto para cada estudante, na primeira oportunidade desta materia, é a avaliación continua. Para que un/unha estudante poda optar á avaliación global nesta materia na primeira oportunidade, deberá informar ó/á docente encargado/a da primeira parte da materia da súa renuncia expresa ó sistema de avaliación continúa nesta materia na primeira oportunidade, para o que deberá cubrir e asinar o documento habilitado polo centro para tal fin e enviarllo por correo electrónico ó/á docente encargado/a da primeira parte da materia, dentro do plazo establecido polo centro.

A avaliación para cada estudante, na segunda oportunidade e na convocatoria de fin de carreira desta materia, farase mediante avaliación global.

A) Primeira oportunidade

A1) Avaliación continua (100%): En caso de non renunciar á avaliación continua, o/a alumno/a deberá realizar as actividades e probas que se indican a continuación:

- Resolución de problemas: Terán un peso total do 10% na nota final da materia. Para que un/unha estudante poda optar á puntuación máxima neste apartado, deberá resolver de forma correcta os exercicios que se propoñan na parte de Administración Pública e entregalos no prazo que se estableza dentro do período de docencia presencial.

- Prácticas de laboratorio: Terán un peso total do 10% na nota final da materia. Para que un/unha estudante poda optar á puntuación máxima neste apartado, deberá asistir como mínimo ó 85% das horas de clases interactivas da parte de Análise Estatística, así como resolver de forma presencial na aula e de forma correcta os exercicios que se propoñan. Se un/unha estudante non acada o 100% da nota desta actividade por non ter asistido ó mínimo de horas indicado, por causas xustificadas e debidamente acreditadas, poderá optar a realizar a proba de resolución de exercicios prácticos da parte de Análise Estatística, que se fará na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. Nesta proba, o/a estudante deberá aplicar os programas informáticos utilizados nas prácticas de laboratorio e a nota que se lle asigne ó/á estudante nesta proba será a súa nota final nas prácticas de laboratorio nesta convocatoria.

- Exame de preguntas de desenvolvemento da parte de Análise Estatística: Terá un peso total do 40% na nota final da materia. Realizarase este exame na última sesión de clase desta parte da materia. Despois de realizarse e avaliarse este exame,  un/unha estudiante podrá volver a facelo na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. Nese caso, a nota que se lle asigne ó/á estudante neste último exame será a súa nota final no exame desta parte da materia nesta convocatoria.

- Exame de preguntas obxectivas da parte de Administración Pública: Terá un peso do 40% na nota final da materia. Realizarase este exame na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria.

Observacións sobre a avaliación continua: De acordo co baremo establecido para esta modalidade, a cada parte da materia se lle asigna un peso total do 50% na nota final da materia. Para que un/unha estudante supere esta materia mediante avaliación continua, deberá acadar como mínimo unha nota de 5 puntos sobre 10 en cada parte da materia. No caso de que un/unha estudante obteña unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 nunha parte da materia, pero non na outra, a nota final que recibirá na materia nesta convocatoria será o valor mínimo destas dúas notas. No caso de que un/unha estudante obteña notas inferiores a 5 puntos sobre 10 nas dúas partes da materia, a nota final desta materia nesta convocatoria será o promedio de ambas notas.

A2) Avaliación global (100%): O/A alumno/a deberá realizar as probas e exames que se indican a continuación:

- Exame de preguntas de desenvolvemento da parte de Análise Estatística: Terá un peso do 40% na nota final da materia. Realizarase este exame na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria.

- Exame de preguntas obxectivas da parte de Administración Pública: Terá un peso total do 50% na nota final da materia. Realizarase este exame na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria.

- Proba de resolución de exercicios prácticos da parte de Análise Estatística: Terá un peso total do 10% na nota final da materia. Realizarase esta proba na data que se estableza no calendario oficial de exames desta convocatoria. Para a resolución destes exercicios prácticos, o/a estudante deberá aplicar os programas informáticos utilizados nas prácticas de laboratorio.

Observacións sobre a avaliación global: De acordo co baremo establecido para esta modalidade, a cada parte da materia se lle asigna un peso total do 50% na nota final da materia. Para que un/unha estudante supere esta materia mediante avaliación global, deberá acadar como mínimo unha nota de 5 puntos sobre 10 en cada parte da materia. No caso de que un/unha estudante obteña unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 nunha parte da materia, pero non na outra, a nota final que recibirá na materia nesta convocatoria será o valor mínimo destas dúas notas. No caso de que un/unha estudante obteña notas inferiores a 5 puntos sobre 10 nas dúas partes da materia, a nota final desta materia nesta convocatoria será o promedio de ambas notas.

B) Segunda oportunidade e fin de carreira: Utilizaranse os mesmos criterios que na avaliación global da primeira oportunidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000