O alumnado deberá aprobar cada unha das metodoloxías e probas descritas neste apartado para superar a asignatura. O procedemento de avaliación descrito ata este punto é válido para o alumnado que opte pola avaliación continua e cumpra coas entregas previstas ao longo do cuadrimestre. A asistencia a clases é obrigatoria tanto as prácticas como as teóricas, ademais será avaliada a través da observación sistemática. En caso de que desexe optar por avaliación global, o alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo establecido polo centro para tal fin, adxuntado cuberto e asinado o documento habilitado para tal fin. O procedemento de avaliación global é o descrito a continuación. AVALIACIÓN GLOBAL DA MATERIA A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas que se detallan a continuación obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas. Dada a extensión das probas o alumnado que se acolla a avaliación global deberá dispor de 4 horas para a realización das mesmas a partir da hora oficial de inicio do exame da materia segundo o calendario oficial. A avaliación global consta das seguintes probas: Proba 1 (30%): Exame teórico de análise a propósito dun proxecto relacionado coas contornas virtuais de características similares aos expostos durante as leccións maxistrais. Proba 2 (25%): Deseño, produción e presentación dun proxecto básico de creación en contornas virtuais a nivel individual. a través de Moovi con límite na data do exame. Proba 3 (45%): Deseño, produción e presentación dun proxecto complexo de creación en contornas virtuais a nivel individual. a través de Moovi con límite na data do exame. A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno ou alumna estar atento á información subida e recompilar a información específica e complementaria que sexa precisa para superar a materia. Calquera aspecto non previsto nesta guía resolverase en función do citado Regulamento de avaliación, cualificación e calidade da ensinanza e do proceso de aprendizaxe do alumnado. https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565 |