Estudo de casos |
Elaboración de análise sobre distintos casos ou problemáticas relacionadas co contexto e a realidade televisiva. |
20 |
|
B1 B2
|
|
|
Exame de preguntas obxectivas |
Proba escrita sobre os contidos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia |
30 |
|
B1 B2
|
|
D1
|
OUTRAS INDICACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN CONTINUA
-
Para poder optar a estas porcentaxes na avaliación, deberán entregarse a totalidade dos traballos titorizados, estudos de caso e realizar as súas presentacións na aula.
-
A asistencia á materia é obrigatoria. Para poder ser avaliado da parte práctica da materia é un requisito imprescindíbel asistir ás sesións prácticas. Aquel alumnado con máis dun 25% de faltas de asistencia sen xustificar non será avaliado.
-
O exame terá lugar nas datas oficiais aprobadas polo centro.
-
Aquel alumnado que por causas xustificadas non poida acudir ás clases con regularidade deberá optar polo sistema de avaliación global.
-
Non serán avaliados os traballos entregados fóra da data establecida.
-
O sistema de avaliación para as convocatorias de xullo/fin de carreira será o mesmo ca o da convocatoria ordinaria do cuadrimestre, coa excepción de que as probas prácticas (traballos titorizados e estudos de caso) deberán realizarse de forma individual.
INDICACIÓNS SOBRE O SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL
-
O sistema de avaliación global aplicarase ao alumnado que renuncie expresamente ao sistema de avaliación continua, recomendado para cursar esta materia.
-
Esta renuncia deberá formalizarse no primeiro mes de docencia da materia, seguindo as indicacións do protocolo aprobado pola Xunta da Facultade de Comunicación e despois de informar á docente.
-
O sistema de avaliación global estará composto por un exame oficial de carácter teórico (30%), un exame con varias probas de carácter práctico (20%) e a entrega dos proxectos da materia, que se realizarán de forma individual (30%) e serán presentados diante da docente (20%).
-
Deberán superarse cada unha das probas por separado para poder aprobar a materia.
-
As probas da avaliación global realizaranse unicamente na data oficial aprobada polo centro.
-
As probas centradas nos proxectos non se recollerán fóra desa data oficial.
-
Non se ofrecerán sesións de titoría que consistan na explicación de contidos teóricos ou prácticos vistos nas sesións presenciais.
-
Non se facilitará material adicional ao xa incorporado na plataforma de teledocencia Moovi para o alumnado que renuncie ao sistema de avaliación continua.
|