Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Forestal
Grao en Enxeñaría Forestal
 Materias
  Matemáticas: Matemáticas e informática
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto, reunir información sobre o alumnado e a presenta-la materia.
Lección maxistral Exposición de contidos da materia. Empregarase a exposición en pizarra con apoio de sistemas audiovisuais e programas de cálculo.

Resolución de problemas Formulación, análise, resolución e debate de problemas ou exercicios relacionados coa temática da materia. Empregarase a exposición en pizarra con apoio de medios audiovisuais e programas de cálculo.
Prácticas de laboratorio Resolución de problemas relacionados cos contidos teóricos mediante o emprego dun programa de cálculo simbólico, un xestor de base de datos e un programa de edición de textos.
Prácticas con apoio das TIC (Repetida, non usar) Utilizaránse recursos disponibles en liña, como bases de datos, e empregaráse a plataforma institucional MOOVI para o desenvolvemento e realización de diversas tarefas.

Resolución de problemas de forma autónoma Formulación, análise, resolución e debate de problemas ou exercicios relacionados coa temática da materia, por parte do alumnado. Proporcionaránse boletíns de problemas correspondentes aos temas programados, que o alumno debe resolver por si mesmo.
Traballo tutelado Realización de tarefas autónomas relacionadas cos temas programados, que serán entregadas empregando a plataforma MOOVI para seren avaliadas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000