Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Necesidades específicas de apoio educativo
 Materias
  Intervención en Necesidades Educativas dos Alumnos con Discapacidade Motriz
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados co seu área de estudo.
B1 Saber aplicar os coñecementos adquiridos sobre o funcionamento dos procesos neuropsicolóxicos e a resposta organizativa de centro e servizos de apoio en contornas con poboacións con dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento, así como no deporte de base e na actividade física para poboacións especiais.
B2 Sintetizar os coñecementos adquiridos sobre evaluación e intervención, resposta organizativa de centro e os servizos de apoio e integralos nos contextos de aprendizaxe do estudante, o deporte de base, así como da actividade física para poboacións especiais, a saúde e a calidade de vida, sen discriminación de xénero, de clase, nin de etnia.
B4 Xeneralizar a distintas contextos e situacións o coñecemento, as destrezas adquiridas, axustando as habilidades pertinentes que as conforman. Todo iso con criterios de non discriminación de xénero e respecto dos valores democráticos.
C1 Saber aplicar sistemas de avaliación e intervención á determinación das necesidades educativas especiais dos estudantes con discapacidade intelectual, motriz e sensorial; de dificultades de aprendizaxe derivadas do contexto sociocultural, de discriminación por razóns de xénero, clase, e etnia e de dificultades de aprendizaxe específicas (lectura, escritura e cálculo), delimitando ámbitos prioritarios de actuación e os apoios requiridos para promover a aprendizaxe significativa e relevante.
C3 Coñecer os sistemas adecuados para intervir na mellora da competencia persoal do alumnado naqueles ámbitos do seu desenvolvemento psicolóxico, social, de actividade física e deportivo que poidan relacionarse cas súas necesidades educativas especiais.
C4 Xerar destrezas para aprender a diseñar, en colaboración co profesorado de aula, plans de traballo individualizado para o alumnado con necesidades educativas específicas integrados na resposta organizativa do centro e nos servizos de apoio, utilizando as TIC e favorecidos por actividades de deporte adaptado e que potencien actividades de saúde e calidade de vida.
D4 Propoñer iniciativas, xerar ideas novas e adaptarse a situacións diversas con flexibilidade.
D7 Comunicar con eficacia o coñecemento obtido, de forma oral e escrita, tanto a persoas non expertas como a outros especialistas, utilizando os recursos persoais e apoiándose nas tecnologías da información e da comunicación.
D8 Recoñecemento da diversidad e da multiculturalidad.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000