Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua e literatura: Galego
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Lingua e literatura: Galego Código P02G120V01602
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía galega e latina
Coordinador/a
Alonso Núñez, Aquilino Santiago
Correo-e aalonso@uvigo.es
Profesorado
Alonso Núñez, Aquilino Santiago
Web
Descrición xeral Os obxectivos desta materia son lingüísticos e literarios. A disciplina está concibida para profundar en coñecementos lingüísticos non impartidos en cursos anteriores (historia da lingua e lingua e sociedade fundamentalmente) e para fornecerlle ao alumnado os rudimentos necesarios para a comprensión e análise de textos literarios e/ou prosísticos.
Entre os coñecementos lingüísticos, trátase, especialmente, a situación lingüística de Galicia contextualizada dentro da situación lingüística mundial. Este coñecemento debe preparar aos futuros mestres e mestras para resolver con eficacia os problemas derivados da situación lingüística galega e, en xeral, para afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües e multiculturais.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000