Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Socioloxía: Socioloxía da educación Código P02G120V01105
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Pérez Freire, Silvia
Correo-e silviapf@uvigo.gal
Profesorado
Pérez Freire, Silvia
Traba Díaz, Amada
Trabada Crende, José Elías
Web
Descrición xeral Materia básica na formación inicial do profesorado de Educación Primaria, imprescindible para que as e os futuros docentes comprendan a complexidade dos procesos e relacións educativas.
A reflexión que se fai nesta materia debería contribuír a unha praxe docente racional e consciente.
Os contidos céntranse fundamentalmente no proceso de socialización e nas súas axencias e ámbitos principais, e, nomeadamente, na escolarización nas sociedades modernas; mais tamén se dá a debida importancia aos aspectos xerais da disciplina sociolóxica.
O programa pretende achegar as dimensións estruturais e ideolóxicas que preceden, condicionan e entrelazan os procesos educativos. Preténdese:
- Abordar os aspectos sociais -non pedagóxicos nin didácticos- implicados na educación.
- Contextualizar os procesos educativos no seu medio social e histórico, nomeadamente na actualidade, reflexionando sobre os profundos cambios sociais actuais.
- Adquirir coñecementos básicos de Socioloxía e poder usar as súas achegas teóricas como ferramentas de análise e comprensión da realidade social e educativa.
- Incorporar coñecementos de disciplinas afíns.
- Desenvolver capacidades de comprensión e análise do medio social e a capacidade de aplicación para avaliar e prever o impacto, máis alá da aula e da práctica profesional diaria, na integración da comunidade, na resolución de conflitos e na innovación educativa.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000