Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Teoría e historia da educación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado Os traballos de aula ( traballos monográficos) terán como cometido a iniciación á investigación. Estes traballos versarán sobre unha temática previamente aportada polo profesor e relacionada coas temáticas dos bloques de contido.
Resolución de problemas de forma autónoma O profesor ofertará ó alumnado unha escolmna de textos. O alumno pola súa banda elixirá entre os textos ofertados. Consistirá nun análise crítico-reflexivo relacionado coas temáticas traballadas dentro dos contidos. Asimismo dentro da resolución de problemas e/ou exercicios abordarase a visualización de vídeos susceptibles de enriquecer a materia e complemetar á información e os contidos que se desenvolvan nas clases.
Prácticas con apoio das TIC (Repetida, non usar) Os alumnos pola súa banda, coa oportuna orientación do profesor, afondarán en cuestións concretas que non foran abordadas máis que dun xeito moi xenérico na exposición deste e que sexan susceptibles de tratamento de estudio recorrindo ós soportes documentais e bibliográficos pertinentes. O alumno realizará procuras documentais e bibliográficas para a maior comprensión dos bloques de contido. Neste sentido, apoiarase nas fontes e bases de datos especializadas tanto da biblioteca da nosa universidade como doutras fontes atopadas a través de internet.
Lección maxistral As leccións que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de maneira expositiva ó grupo de clase polo profesor. O profesor centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de maneira condensada a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e imbricándose cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estructurais que conforman o corpus cognitivo da materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000