Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte II
   Contidos
Tema Subtema
Bloque 1. Planificación dos procesos de ensino-aprendizaxe a través da actividade física e o deporte. • Evolución e conceptos de planificación e programación. Fases do proceso programador: análise previa, elaboración, execución e avaliación
• O proceso de ensino-aprendizaxe no marco dunha planificación.
• Os procesos didácticos na planificación do ensino deportivo no marco formativo do deporte escolar ou do club de base.
Bloque 2. Niveis de concreción e unidades de programación na planificación a medio e longo prazo. • Lexislación educativa na educación física. Análise e aplicación.
• Os niveis de concreción curricular e os seus elementos constituíntes.
• A programación. Finalidades, tipos e deseño.
Bloque 3. Avaliación e control nos procesos de ensino-aprendizaxe a través da actividade física e do deporte. • A avaliación: conceptos e definicións.
• Clases de avaliación.
• Instrumentos de avaliación.
• Referentes lexislativos para a avaliación curricular en educación física.
Bloque 4. A dimensión investigadora do profesorado. A indagación reflexiva, base da formación do profesorado. • O profesorado de educación física como investigador.
• A investigación-acción.
• Ferramentas para a investigación educativa.
Bloque 5. Recursos e materiais didácticos na actividade física e o deporte. Análise e rentabilización educativa. • Recursos didácticos para o ensino da educación física e o deporte.
• Materiais didácticos para o ensino da educación física e o deporte.
• Contorna educativa e organización do espazo deportivo educativo.
• Contorna educativa e adaptación á diversidade.
Bloque 6. Educación en valores e a súa didáctica nos procesos de ensino aprendizaxe a través da actividade física e o deporte. • Os valores e principios éticos na educación física e o deporte.
• Educación para o consumo.
• Educación física sustentable.
• Educación física e interculturalidade.
• Educación física e saúde.
• Creatividade.
Bloque 7. Perspectiva de xénero e educación a través da actividade física e o deporte. • Xénero, corpo e sociedade.
• Estratexias didácticas para unha docencia sen prexuízos de xénero e non sexista.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000