Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Anatomía humana: Anatomía humana para o movemento
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen

Mantéñense as leccións maxistrais, pero serán impartidas online a través das Aulas do Campus Remoto da UVIGO, mantendo a planificación horaria establecida na Guía Docente, cos axustes nos horarios e grupos que estableza a Facultade.
En caso de docencia mixta (presencial-virtual), haberá un grupo con docencia teórica presencial e outro con docencia online, divididos segundo a capacidade das aulas e segundo os criterios da Facultade.

* Metodoloxías docentes que se modifican

Modificarase o desenvolvemento da docencia práctica en caso de non poder ser presencial no laboratorio de Anatomía.
Parte das horas dedicadas ás prácticas impartiranse online nas aulas do Campus Remoto, con explicacións sobre os modelos anatómicos, algunhas en directo e outras con vídeos gravados.
Outra parte consistirá en traballo autónomo do alumno, que terá que realizar as fichas de tarefas de prácticas xa existentes, adaptadas ás condicións docentes, utilizando o módulo de tarefas de Moodle.
Por último, realizaranse avaliacións continuas do alumnado baseado nas tarefas e explicacións previas, a través de cuestionarios breves realizados en Moodle, e con preguntas orais online de forma individual no Campus Remoto.
En caso de docencia mixta (presencial-online), adaptaranse os grupos de prácticas segundo a capacidade do laboratorio de Anatomía, e reduciranse en función da capacidade do laboratorio os tempos de docencia presencial, sendo realizado o resto da carga docente de forma online.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (tutorías)

As tutorías realizaranse online a través do Despacho Virtual do profesorado (Prof J.C.Diz: Sala 670. Prof M.E.Padín: Sala 1827) no Campus Remoto, mantendo os mesmos horarios que as tutorías presenciais. Fomentarase a utilización do email para a atención aos alumnos, e Moodle como medio de difusión de información.

* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir

Mantéñense os contidos da materia.

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe

Mantense a bibliografía da Guía Docente.
En caso de precisar algunha fonte de información adicional para a realización dalgunhas das tarefas prácticas, os accesos serán facilitados durante as clases prácticas.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

A proba teórica mantén o peso indicado na Guía Docente (70%), do mesmo xeito que a avaliación continua das clases prácticas (30%), independentemente de si a docencia é presencial ou vía Campus Remoto.

* Probas que se modifican

Si non se pode realizar de forma presencial, o exame final realizarase a través dun cuestionario en Moodle, coas mesmas características que o exame presencial.
A avaliación das tarefas prácticas en caso de non ser presenciais, realizarase a través do módulo de tarefas de Moodle. A avaliación continua das prácticas realizarase mediante cuestionarios en Moodle e avaliación oral individualizada no Campus Remoto.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000